Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Meteogalicia e a USC colaboran para reforzar a información da predicción meteorolóxica dos concellos a través da páxina web

Por   /  26/05/2015 

    Imprimir       Email

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel V‡zquez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Via–o, presentar‡n as melloras sobre a informaci—n meteorol—xica por concellos do servizo de Meteogalicia.

 

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou hoxe a importancia da colaboración entre Meteogalicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para reforzar a información sobre a predicción meteorolóxica dos concellos que se ofrece a través da páxina web. A conselleira de Medio Ambiente presentou hoxe o resultado desa cooperación na sala de pantallas de Meteogalicia, nun acto no que tamén participou o reitor da USC, Juan Viaño, xunto con representantes da Rede Emprendia e do CiTiUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC

Na súa intervención, Ethel Vázquez salientou que a páxina web de Meteogalicia rexistrou máis de 55 millóns de visitas no ano 2014, o que supón unha media de arredor de 155.000 visitas ao día, converténdose nunha das plataformas máis consultadas na comunidade.

A optimización desa web presentada hoxe consiste na posta en marcha dun sistema de elaboración automática de comentarios na predición a curto prazo específico para cada concello e que xa está dispoñible na páxina web de Meteogalicia: http://www.meteogalicia.es

As notas explicativas ofrecen o prognóstico meteorolóxico e o índice de calidade do aire en cada municipio galego. O comentario xérase de xeito automático a partir da aplicación GALiWheather, empregando para isto técnicas de intelixencia artificial e xeración de linguaxe natural.

Outra novidade da páxina web é a predición da calidade do aire do día actual e os dous seguintes, mediante unha escala de cores. Ofrécense datos das estacións meteorolóxicas pertencentes á rede de estacións automáticas de Meteogalicia, no contorno do concello seleccionado; e ademais, a web contén gráficos coa evolución das temperaturas máximas e mínimas a curto e medio prazo.

A conselleira de Medio Ambiente indicou que o principal obxectivo deste plataforma web é ofrecerlle aos galegos unha información meteorolóxica cada vez máis completa, precisa, próxima e personalizada: xa que, a partir de agora, os cidadáns poderán acceder a prognósticos específicos con comentarios do concello que lle interese a cadaquén.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →