Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Nava Castro destaca que a Artesanía de Galicia estase a converter nun produto turístico de primeiro orde

Por   /  10/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participou o venres na presentación da sétima edición da FIA DA LÁ 2015, un evento organizado pola asociación de mulleres Cabanas Rural que terá lugar os días 12 e 13 de setembro no pavillón de Lavandeira, en Cabanas -A Coruña-.

Esta asociación naceu xa fai sete anos da man dun grupo de mulleres fiandeiras que deciden xuntarse para traballar, disfrutar, aprender, animar, divertir, entreter e axudar e que a día de hoxe conta con máis de 200 asociados.

Dende a súa creación, Cabanas Rural celebra un día dedicado a ao proceso da lá. Neste 2015 congregará as fiandeiras de Galicia, Asturias e contar coa presenza das de Cantabria, Madrid, Barcelona e Extremadura e a diferentes entidades ou pequenas empresas que teñen que ver co mundo do fiado en España e das súas fibras, animais ou vexetais. Nesta edición, ademais sortearase unha peza moi especial realizada por Do Acibreiro. Trátase dunha máquina de fiar inspirada no camiño de Santiago.

Durante a presentación desta mañá, a directora de Turismo de Galicia destacou que esta iniciativa contribúe na potenciación da artesanía galega. Neste senso, Nava Castro sinalou que Cabanas Rural leva sete anos fomentando a participación das persoas en actividades lúdico-culturais, difundindo a cultura galega e a nosa propia identidade como pobo e potenciando o cooperativismo.

A responsable de Turismo da Xunta resaltou que o día de A FIA DA LÁ permitirá descubrir tanto a galegos como turistas o xeito de facer esta labor ancestral, “permitindo desfrutar de toda unha arte: a arte do fiado”.

Nava Castro afirmou que grazas a iniciativas como esta, a artesanía estase a converter nun produto turístico de primeiro orde e complementa a outros xa consolidados como o Camiño de Santiago, ou turismo rural ou o turismo urbano.

 

Revalorización da artesanía de Galicia
Nava Castro afirmou que dende Turismo de Galicia apostase por difundir a tradición que fai única a nosa comunidade e potenciala como reclamo turístico.

Así, segundo explicou, o Plan Integral de Turismo de Galicia recolle a revalorización da artesanía de Galicia como elemento tradicional e cultural diferenciador, fomentando a cooperación entre empresas turísticas e actores e produtos artesanais. Deste xeito, o dito plan inclúe diversas accións destinadas ao apoio para a apertura profesional de obradoiros artesanais ao turistas, así como á creación de novos produtos que liguen turismo e artesanía.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que a nosa comunidade conta xa coas Rutas de Artesanía de Galicia que integran todos os talleres visitables de Galicia cos lugares de interese relacionados coa artesanía. Con elas, turistas e visitantes poden localizar os talleres artesáns e experimentar en primeira persoa o singular proceso creativo. “Deste modo, fomentase a mellora da identificación territorial e impulsase a promoción e a comercialización da Artesanía de Galicia en colaboración co sector turístico”, sinalou Nava Castro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →