Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Nova convocatoria do programa ReAcciona para impulsar a mellora da competitividade das pemes

Por   /  07/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta publicou no DOG a convocatoria do programa ReAcciona para impulsar a mellora da competitividade das pemes galegas
  • O Diario Oficial de Galicia informa das bases que regulan esta primeira convocatoria da nova edición, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 16 de setembro
  • Esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten como obxectivo potenciar as competencias e habilidades do capital humano das empresas para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente

 

logo_DOGA Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova edición do programa ReAcciona, deseñado para reforzar a competitividade das pemes facilitando a implantación de proxectos de mellora adaptados ás súas necesidades. A primeira convocatoria da nova edición, segundo as bases que publicou o Diario Oficial de Galicia, está aberta á presentación de solicitudes ata o próximo 16 de setembro e permitirá impulsar un milleiro de proxectos de mellora competitiva en máis de 600 empresas.

O programa ReAcciona ten como obxectivo prioritario a potenciación das competencias e habilidades do capital humano das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Neste contexto, a profesionalización das pemes, e especialmente das de menor tamaño, é fundamental para que poidan medrar, consolidar a súa competitividade e internacionalizarse.

A experiencia acumulada durante as anteriores edicións do ReAcciona serviu para mellorar o propio programa, reforzando a colaboración entre todos os axentes implicados no proceso, por unha banda, e promovendo a posta en marcha de accións de mellora temperá asociadas de xeito automático aos análises de potencial competitivo que se realicen. A finalidade do ReAcciona é achegar diagnósticos de competitividade e servizos avanzados de mellora para que as empresas localicen e superen as súas debilidades nos diferentes ámbitos de xestión.

De acordo coas bases de axuda o programa está de novo aberto para recibir, a través da web do Igape; solicitudes das empresas interesadas, que recibirán resposta case inmediata á súa demanda de servizos avanzados. As empresas disporán de sucesivas convocatorias, en outubro e novembro deste ano, e en xaneiro de 2017, para presentar a súa solicitude.

O programa ReAcciona pon a disposición das pequenas e medianas empresas servizos para facilitar a execución de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o desenvolvemento estratéxico integral, a redefinición do modelo de negocio, a optimización de procesos de produción e cadea loxística, o relanzamento comercial, os protocolos de sucesión na empresa familiar ou a identificación de aliados e redes de cooperación.

O desenvolvemento de cada un dos proxectos de mellora conta co asesoramento de expertos e a colaboración activa de bolseiros que teñen así a oportunidade de tomar un primeiro contacto co mundo laboral mentres se especializan en diferentes ámbitos da xestión empresarial.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →