Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Novas oportunidades de negocio para as empresas artesás galegas na feira Tent en Londres

Por   /  23/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Artesanía de Galicia busca novas oportunidades de negocio para as empresas artesás galegas na feira Tent en Londres
  • A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta nun dos eventos de decoración de referencia unha escolma que recolle o traballo de 42 obradoiros artesanais que empregan materiais como madeira, papel, cerámica ou téxtiles
  • O encontro, que se celebra ata o vindeiro domingo, reúne a máis de 400 deseñadores e artesáns de 29 países

image_gallery-3

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a busca de novas oportunidades de negocio para a Artesanía de Galicia e a comercialización do produto artesán galego no mercado internacional coa súa participación na feira Tent London, unha cita profesional de referencia na decoración de interiores a nivel europeo na que se dan cita máis de 400 expositores de deseñadores e artesáns de 29 países e que ten lugar no marco do London Festival Design.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta neste encontro, que se celebra ata o vindeiro domingo, unha selección de pezas de 42 obradoiros artesáns que empregan diferentes materiais para a elaboración de pezas como a madeira, a cerámica, os téxtiles, o coiro, o papel e a cestería. Deste xeito, algúns dos obradoiros que deixan constancia da tradición e vangarda que se unen na artesanía galega son as pezas de coiro do obradoiro Cabuxa de Tui, os tradicionais coitelos da Fonsagrada do obradoiro de Celso Núñez e o téxtil do obradoiro Artefíos da Coruña.

Atópanse tamén pezas de coiro do obradoiro Jatafarta (Santiago de Compostela) e o obradoiro Coiraxe (Vigo) xunto ás propostas dos obradoiros Media Lúa (Santiago de Compostela) e Miolos Design (Mourente, Pontevedra). Inclúense tamén as apostas pola iluminación de Arturo Álvarez (Vedra), Pedeeme de Campañó ou as do obradoiro téxtil Anna Champeney (Cristosende) que, xunto co Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas) participan con pezas tecidas a man.

image_gallery-1

 

A porcelana está representada por pezas das gañadoras dos Premios de Artesanía de Galicia, Marta Armada (Vigo) e Verónica Moar (A Coruña); Cerámica Suve (Cangas); Como Cuando (Vigo) e Víctor Ares (A Coruña). A cerámica que participa no stand está elaborada polos talleres de Lucía Catuxo (Trabada), Manuel Figueiras (Muros), Nacho Porto (Carnota), Fernando Porto (A Estrada), Regal Cerámica (Viveiro), Madriguera Workshop (Ferrol), Laura Delgado Cerámica (Cambre) e Unzueta Cerámica (Brión).

En canto á olería, están representados tres centros de olería tradicional galega: Niñodaguia, coas pezas de Alfarería Agustín (Xunqueira de Espadanedo), Gundivós, co traballo de Rectoral de Gundivós (Sober) e Buño, coas pezas de olería contemporánea baseadas na ampla tradición oleira desta localidade de Malpica de Bergantiños a partir do traballo de Alfarería Aparicio, Alfarería Lista e Alfarería Rulo con pezas decorativas e pezas máis funcionais pensadas para a nova gastronomía.

No espazo de Artesanía de Galicia en Tent London conviven os cestos tradicionais de Antonio Suárez Davila (Vigo) e a cestería contemporánea con materiais téxtiles elaborada por Idoia Cuesta (Outeiro de Rei). En canto á madeira, os obradoiros cuxas pezas están presentes en Tent London son Armaior (Quiroga), Artesanía Ferradáns (A Estrada), Atalanta (A Estrada) e Elena Ferro (Merza), Cunqueiro (Palas de Rei) e unha peza de edición limitada de Francisco Pazos (Meaño).

Tamén están presentes nesta nova edición o obradoiro téxtil Le Chanelas (Vigo) e as candeas artesanais de A Candelaria (Negreira). O traballo en prata está representado no stand de Artesanía de Galicia coas pezas de Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela). As pezas de manipulado de papel de Mimadriña (Fisterra) e as tradicionais pezas de miga de pan do obradoiro de Jorge Bellón de San Andrés de Teixido tamén forman parte da escolma.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →