Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Novo dispositivo de teleasistencia de Cruz Vermella

Por   /  11/09/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta participou na presentación do novo dispositivo de teleasistencia de Cruz Vermella
  • O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asistiron ao ‘I Encontro Tecnoloxía para as persoas’
  • O servizo conta con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés
  • O Goberno galego e Cruz Vermella colaboran en servizos como a teleasistencia domiciliaria ou a xeolocalización de persoas con deterioro cognitivo e Alzheimer
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de sanidade , Vazquez Almui–a , participan no I Encontro Tecnolox’a para as persoas, que organiza Cruz Vermella. Foto: Conchi Paz

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de sanidade , Vazquez Almui–a , participan no I Encontro Tecnolox’a para as persoas, que organiza Cruz Vermella. Foto: Conchi Paz

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación dun dispositivo de teleasistencia posto en marcha por Cruz Vermella para axudar á atención e o coidado das persoas maiores.

Rueda estivo acompañado do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

A Xunta de Galicia e Cruz Vermella colaboran para a prestación de servizos aos maiores con sistemas tan importantes como son a teleasistencia domiciliaria ou a xeolocalización de persoas con deterioro cognitivo e Alzheimer.

A entidade elixiu Santiago para presentar un dispositivo que se utilizará en toda España e que contará con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés. Rueda destacou o carácter pioneiro da nosa comunidade neste eido, que sigue a innovar para poñer en marcha servizos que melloren a calidade de vida das persoas maiores.

O vicepresidente asistiu á presentación do I Encontro Tecnoloxía para as persoas, no que se realizou unha presentación técnica do dispositivo de teleasistencia de Cruz Vermella e outras tecnoloxías nas que traballa a organización; e se fixo unha demostración do funcionamento do dispositivo nunha vivenda real.

O evento estivo presentado pola presidenta de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, e contou co presidente nacional da organización, Javier Senet García, na clausura.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →