Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Novo máximo histórico do turismo internacional

Por   /  06/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O turismo internacional acada en Galicia un novo máximo histórico con máis de 200.000 viaxeiros en setembro
  • Galicia rexistrou no mes de setembro máis de 582 mil viaxeiros e 1,1 millón de pernoitas
  • A nosa comunidade superou en máis dun 8% a cifra de viaxeiros e pernoitas rexistradas en setembro do 2015 nos establecementos regrados

grafico

 

Galicia continua a rexistrar máximos históricos nos establecementos regrados no noveno mes do ano segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

O volume de viaxeiros aloxados incrementouse nun 8,7% ata situarse en 582.862 e o volume de pernoitas tamén aumentou un 8,4% contabilizándose 1.118.515 no conxunto da comunidade. É o cuarto ano consecutivo que se observa un incremento da demanda turística regrada neste mes de setembro tanto en viaxeiros como en pernoitas.

En termos de mercado destaca o comportamento do turismo internacional que rexistrou unha nova marca con mais de 200 mil viaxeiros e 330 mil pernoitas. Isto supuxo un incremento do 12% e do 9,1% respectivamente rexistrando a nosa comunidade cinco anos consecutivos de crecemento do turismo internacional.

No que atinxe á tipoloxía de establecementos destaca o incremento do 30,7% das pernoitas nos apartamentos turísticos e do 22,7% nos establecementos de turismo rural, aínda que o crecemento da demanda prodúcese neste mes en todas as clases de aloxamento.

Acumulado do ano

Nos primeiros nove meses do ano, en Galicia produciuse un crecemento global da demanda turística nos establecementos regrados. A cifra de viaxeiros aloxados subiu un 7,4% ata alcanzar máis de 4 millóns e o número de pernoitas incrementouse nun 9% ata rexistrar máis de 8,4 millóns. Esta tendencia positiva marca un máximo histórico en ambas variables.

A mellora dos niveis de demanda viu como consecuencia do bo comportamento rexistrado polos dous grandes segmentos de mercado. O turismo nacional incrementou a súa cifra nun 7,4% no relativo aos viaxeiros e nun 9% no relativo ás pernoitas. Deste modo, o mercado nacional rexistrou as cifras máis elevadas dos últimos seis anos con máis de 2,9 millóns de viaxeiros aloxados e preto de 6,5 millóns de pernoitas.

Pola súa parte, o turismo internacional creceu un 9,3% no tocante ás pernoitas e nun 7,3% no referido aos viaxeiros aloxados. É o quinto ano consecutivo que este segmento presenta resultados positivos neste período, circunstancia que coloca o nivel de 2016 en máximos históricos tanto de viaxeiros, con máis de 1,16 millóns, como de pernoitas, con 1,92 millóns.

Ao igual que no mes de setembro, o incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas. Neste sentido, subiu a demanda de forma máis notable e destacada nos apartamentos turísticos, modalidade na que se incrementaron as pernoitas nun 28,7%. Pola súa parte, nos establecementos de turismo rural o crecemento foi do 17,8% e nos cámpings a suba ascendeu ao 15,2%.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →