Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061 de Galicia aconsella un ano máis ter precaución na noite de San Xoán ante o alcohol, a condución e o lume das fogueiras

Por   /  23/06/2015 

    Imprimir       Email

061A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recomenda un ano máis ter precaución ante o alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes durante a celebración da Noite de San Xoán.

Cada ano nesta celebración, os accidentes de tráfico, as queimaduras e as intoxicacións etílicas constitúen a causa principal das chamadas de demanda de asistencia sanitaria á Central de Coordinación do 061. As tradicionais fogueiras desta festa supoñen ademais un compoñente de perigosidade tanto polo lume como polo fume producido nas mesmas. É por isto que con motivo desta festividade os medios humanos da Central de Coordinación do 061 se reforzan para dar resposta á demanda sanitaria.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 considera imprescindible transmitir unha serie de consellos de prevención á cidadanía na celebración da noite de San Xoán. En primeiro lugar é importante elixir o sitio onde facer as cacharelas. Non debe ser en lugares pechados, evitando a proximidade de cables de alta tensión, e sempre vixiando a altura e a distancia do lume a estes.

Para prender as fogueiras non deben utilizarse líquidos inflamables, e non se debe arroxar ao lume envases herméticos, sprays, pilas, nin manipular petardos cerca do mesmo. É recomendable ter sempre a man extintores ou auga por se fora necesario. Unha vez prendido o lume se debe de evitar que os nenos se acheguen as fogueiras, ao tempo que extrema as precaucións se se achegan ao lume.

O 061 de Galicia aconsella situarse de costas á dirección do vento, evitando que as chamas e o fume se dirixan cara vostede, para non sufrir as lesións causadas polo lume e por inhalación de fumes, especialmente se sofre dalgunha patoloxía respiratoria. Lembre que o alcohol e as drogas en moitas ocasións están detrás destes incidentes.

Á hora de saltar as cacharelas débense evitar as pezas de roupa sintéticas, e utilizar preferiblemente o algodón. No caso de que a súa roupa prenda lume, non corra. Só conseguirá avivar as lapas e dificultar que a apaguen. Tírese ao chan e revólquese ou quede quedo mentres as apagan.

Se algunha persoa sofre algún tipo de queimaduras, é importante alertar ao 061 inmediatamente. Mentres chega a axuda, o médico da Central de Coordinación daralle os consellos necesarios. Como norma xeral, e útil lavar con abundante auga a zona afectada se a queimadura é de pouca extensión. No caso de que sexa extensa, non utilice auga fría por risco de hipotermia.

Tamén é importante non realizar desprazamentos en automóbil no caso de consumir alcohol ou drogas, xa que o consumo destes pode propiciar somnolencia e falta de reflexos, condicións que favorecen os accidentes de tráfico.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →