Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 256 persoas por 185 accidentes de circulación durante as pontes da Inmaculada e da Constitución

Por   /  12/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 2 de decembro ata as 23:59 horas do domingo 11 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 218 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante as pontes da Inmaculada e da Constitución a 256 persoas debido a 185 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 2 de decembro ata as 23:59 horas do domingo, 11 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, 10 de decembro, con 42 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 218 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 185 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 256 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 31 por cento dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 75 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

75
Lugo
22
Ourense
21
Pontevedra
67
Galicia
185

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 259. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 19 sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 200 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 30 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en oito sinistros.

En 231 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 25 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →