Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 52 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  05/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 2 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 4 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 50 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 52 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 2 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 4 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 52 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 e 33 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 37 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes con 15 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

15
Lugo
6
Ourense
5
Pontevedra
15
Galicia
41

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 52. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 47 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →