Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 53 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  13/06/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 10 de xuño ata as 23:59 horas do domingo 12 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 10 de xuño ata as 23:59 horas do domingo, 12 de xuño. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 38 por cento dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

15
Lugo
2
Ourense
7
Pontevedra
19
Galicia
43

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 51. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 42 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres sinistros. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do accidente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →