Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 61 persoas por 42 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  13/04/2015 

    Imprimir       Email

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 61 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 10 de abril ata as 23:59 horas do domingo, 12 de abril. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 19 accidentes rexistrados.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 61 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 31 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña
12
Lugo
7
Ourense
6
Pontevedra
17

Galicia

42

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a un sinistro, o helicóptero medicalizado asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 47 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro a pesar dos esforzos sanitarios.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →