Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 65 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  13/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 9 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 11 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 9 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 11 de setembro. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 e 41 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 46 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

21
Lugo
8
Ourense
2
Pontevedra
21
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en sete sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu realizou unha asistencia, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 51 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dous sinistros.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro persoas faleceron no lugar do incidente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →