Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 70 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  19/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 16 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 18 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 70 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 16 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 18 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 70 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53 e 47 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 36 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

21
Lugo
5
Ourense
6
Pontevedra
14
Galicia
46

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu realizou unha asistencia, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do incidente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →