Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O 061-Galicia asistiu a 98 persoas por 65 accidentes de circulación durante a fin de semana

Por   /  22/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Dende as 15:00 horas do venres 19 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 21 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 98 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 19 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 21 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 75 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 98 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

27
Lugo
4
Ourense
9
Pontevedra
25
Galicia
65

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 96. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 77 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro.

En 86 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →