Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Camiño de Santiago eixe da marca turística España Verde en 2017

Por   /  20/12/2016 

    Imprimir       Email
  • A promoción do surf, o golf e o Camiño de Santiago serán os eixes da marca turística España Verde en 2017
  • As comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi manteñen a súa aposta polo produto Pazos e adegas que o vindeiro ano se promoverá de xeito especial en Alemaña
  • Esta marca turística desenvolverá ademais campañas online en Francia, Bélxica, Reino Unido e os Estados Unidos
  • Ademais, no ámbito desta marca da que forman parte o Goberno central e as catro comunidades autónomas do norte, o próximo ano impulsarase o Camiño do Norte a través dunha guía dixital e as peregrinacións en barco

 

O Camiño de Santiago constituirá ao longo do ano 2017 o elemento fundamental de promoción internacional da marca turística España Verde, da que forman parte as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, xunto a Turespaña, segundo se acordou na última reunión de coordinación deste distintivo turístico celebrada en Santiago.

Esta marca turística mantén así a súa aposta polo Camiño do Norte e as peregrinacións pola súa vía marítima entre o País Vasco e Galicia, ademais de reforzar a promoción do surf e o golf, que xunto a ruta xacobea conforman os eixos da súa actividade en 2017.

Por outra parte, España Verde continuará afianzando nos mercados internacionais en 2017 o produto relacionado coa enogastronomía Pazos e adegas, sobre todo en Alemaña, onde o consorcio de axentes de viaxes MRS desenvolverá distintas accións de promoción entre os seus asociados.

Para o ano 2017, está prevista a organización de distintas actividades de mercadotecnia nos mercados emisores máis importantes para o turismo do norte de España, entre as que destacan distintas accións publicitarias e viaxes de familiarización para operadores turísticos e xornalistas.

Plan de mercadotecnia

España Verde ten previsto organizar en 2017 unha viaxe de familiarización para xornalistas internacionais ao obxecto de promover a alternativa marítima do Camiño do Norte e imprimir un folleto sobre a ruta en xeral. Ademais o Goberno central, a través de Turespaña, porá en marcha unha guía dixital para promover esta vía de peregrinación a Compostela.

Por mercados e no ámbito europeo, a marca turística do norte de España Verde, desenvolverá distintas campañas nas redes sociais en Francia, Reino Unido e Bélxica para difundir o produto Pazos e adegas.

Ademais, no Reino Unido tamén se levará a cabo unha campaña na revista especializada en viaxes Lonely Planet ao obxecto de publicitar este produto entre o público final.

España Verde tamén ten previsto realizar unha viaxe de familiarización para axentes de viaxes austríacos ao obxecto de dar a coñecer neste mercado Pazos e adegas.

Así mesmo, no mercado norteamericano está previsto realizar unha campaña unha campaña de publicidade online en colaboración coa Oficina de turismo de España en Nueva York para difundir os valores enogastronómicos da España Verde.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →