Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Camiño de Santiago no Ano da Misericordia: referente internacional e ruta accesible

Por   /  20/01/2016 

    Imprimir       Email
  • O Camiño de Santiago preséntase no Ano da Misericordia como un referente internacional e unha ruta accesible
  • A Ruta Xacobea e o Ano da Misericordia foron hoxe protagonistas do espazo dedicado a Galicia en Fitur
  • A directora de Turismo de Galicia destacou que este ano de Xubileo extraordinario enxalzará os valores do Camiño e incrementará a afluencia de peregrinos
  • O salón de actos do mostrador de Galicia acolleu unha presentación sobre a nova guía do Camiño de Santiago accesible e un acto que enxalzou a irmandade existente entre a Ruta Xacobea e o Camino Kumano Kodo

el_camino1O Camiño de Santiago foi hoxe un dos grandes protagonistas do espazo dedicado a Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur.

Nun ano onde a Ruta Xacobea cobra especial importancia grazas ao Xubileo Extraordinario da Misericordia, o produto turístico estrela e icona máis universal de Galicia actuou neste certame como carta de presentación e elemento diferenciador da comunidade galega.

A directora de Turismo de Galicia destacou que este Ano da Misericordia enxalzará os valores do Camiño antes da próxima cita xubilar no 2021. “A amabilidade, a asistencia ao necesitado, o compañeirismo ou a solidariedade son algúns dos elementos que se manifestan no Camiño e que están intimamente relacionados coa Misericordia”, afirmou.

Así mesmo, Nava Castro resaltou que esta convocatoria incrementará a afluencia de peregrinos e turistas á comunidade galega contribuíndo a acadar o ambicioso obxectivo fixado para este 2016 dos cinco millóns de viaxeiros.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que a Xunta de Galicia poñerá en marcha un plan de actividades culturais que ampliará a oferta turística da nosa comunidade. “O obxectivo é dinamizar culturalmente os territorios para todos aqueles viaxeiros que queiran descubrilos desde outra perspectiva”, explicou.

Un Camiño accesible
Nesta primeira xornada de Fitur, o salón de actos do stand galego acolleu a presentación da Guía del Camino de Santiago Accesible para todas las personas que, organizada por Predif.

Esta nova guía facilita ás persoas con diferentes discapacidades información concreta sobre a accesibilidade do Camiño de Santiago e da súa oferta turística complementaria. Así, a través da mesma, promóvese a accesibilidade universal e a aplicación dos criterios de deseño para todas as persoas nas diferentes rutas do Camiño en Galicia.

Deste xeito, grazas a esta publicación, os turistas con discapacidade e outras necesidades diversas, dispoñerán de información sobre a accesibilidade das distintas etapas do Camiño de Santiago e os seus recursos turísticos, facilitándolles a planificación da súa experiencia.

Unha ferramenta fundamental para que todos, sen ningunha distinción, podan gozar deste itinerario de referencia a nivel mundial.

Referente internacional
Por outra parte, o espazo galego albergou unha presentación sobre a ruta de peregrinación xaponesa Kumano Kodo, irmandada co Camiño de Santiago dende 1998.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia destacou os numerosos actos e intercambios realizados ao longo destes anos tras a declaración oficial de amizade como camiños irmáns destas dúas rutas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que, segundo explicou, mostran as boas relacións mantidas entre a prefectura de Wakayama e a comunidade galega.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que estas dúas terras, aínda que se encontran afastadas entre si, contan con grandes características que as unen como destinos.

Nava Castro sinalou que o pasado ano foron un total de 1.197 os peregrinos procedentes de Xapón que realizaron o Camiño de Santiago o que supón un incremento do 9,3% e en relación ao ano anterior e demostra o interese que esperta neste país a Ruta Xacobea.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →