Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O conselleiro de Cultura e Educación e representantes do sector empresarial afondan no Plan de Dinamización da Lingua Galega no ámbito socioeconómico

Por   /  06/08/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; mantiveron onte unha xuntanza con representantes da Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre co fin de afondar no Plan de Dinamización da Lingua Galega no tecido económico 2015-2020. Este documento -que impulsa o departamento educativo da Xunta de Galicia- persegue incrementar a presenza do idioma propio de Galicia nas relacións empresariais e comerciais, un ámbito de influencia e prestixio, e que isto sirva de efecto multiplicador no resto da sociedade.

A representación institucional congregou no Polígono Industrial do Tambre ao presidente de Fegape (Federación Galega de Parques Empresariais), Santiago Gómara Millán, e ao seu secretario xeral, David Sobral Pidre; ao presidente da Asociación de Empresarios Polígono do Tambre, Jesús Chenel Noya, e ao seu xerente, José Manuel Beceiro; e a Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, CEO en Galipad Consulting, xunto cun nutrido grupo de empresarios/as do sector industrial

O encontro serviu para analizar en profundidade as importantes contribucións que o ámbito empresarial pode dar ao proceso de normalización lingüística, como sector fundamental na nosa sociedade. Os empresarios asistentes fixeron interesantes achegas que teñen que ver coa galeguización de moitos dos procesos de calidade que as empresas deben seguir na actualidade, a posibilidade de acreditación de boas prácticas por parte destas ou a conveniencia de establecer unha relación contínua de asesoramento e diálogo entre empresas e administracións para que se consoliden novas fórmulas de galeguización no ámbito socio económico.

Esta xuntanza enmárcase dentro da fase de consultas que se están levando a cabo con todos os axentes implicados e que incluíu contactos co Foro Enrique Peinador e coas cámaras de Comercio, entre outros. De feito o Plan de dinamización xa lle foi remitido a un bo número de entidades vinculadas ao tecido socioeconómico tendo en conta a diversidade de áreas de especialización existentes. Nesta fase a Consellería pretende incorporar o máximo número de achegas posibles desde todos os ámbitos sociais. Xa son 25 as entidades que propuxeron as súas propostas nesta fase previa á aprobación do Plan que está prevista para finais de ano.

Valor engadido
Tanto o conselleiro como o secretario xeral trasladáronlles aos empresarios/as a oportunidade e o valor engadido que supón o uso do galego no ámbito empresarial, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

De feito, a lingua galega, ademais de ser un valor como denominación de orixe e de implicar un valor de confianza, calidade e proximidade nos consumidores, abre a vía da comunicación internacional en mercados emerxentes do mundo lusófono, como o brasileiro ou o angolano, o que pode redundar nun beneficio en canto a resultados económicos se refire. Para reforzar esta idea, a Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña “Exportar en galego” que está a dar moi bos resultados á hora de que os responsables das empresas descubran e intensifiquen as oportunidades dos países da Lusofonía con máis de 250 millóns de falantes e con algunhas das economías máis emerxentes do mundo. Trátase, por tanto, de crear conciencia de que o uso do idioma galego favorece os resultados e obxectivos empresariais, así como as relacións laborais, comerciais e bancarias.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →