Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O conselleiro de Cultura e Educación recorda ao ‘dezao de pro e galego universal’ Ramón de Valenzuela, homenaxeado na XII forxa literaria ‘A Solaina’

Por   /  13/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recordou o pasado venres aoemblemático escritor silledense Ramón de Valenzuela, “un dezao de pro e galego universal que ao longo de toda a súa vida tivo un compromiso determinante coa súa terra”, destacou. Así o expuxo con motivo do acto inaugural da XII Forxa Literaria, organizada pola Fundación Paco Lareo ‘A Solaina’ de Piloño e dedicada, desta volta, ao ilustre galeguista, que dende hoxe conta cun busto na eira da entidade cultural.

Antes de participar na descuberta da figura, feita polo artista ‘O Vila’, o titular do departamento educativo detívose nos puntos cardinais dunha obra que, segundo salientou, “está impregnada de referencias á comarca de Deza”. Tal e como explicou o conselleiro, a pegada dezá de Ramón de Valenzuela faise visible tanto na súa faceta como xornalista –colaborou no xornal ‘Razón’ ou na revista ‘Galicia Emigrante’–, como novelista e estudoso.

Como escritor, unha das súas marcas máis recoñecibles é a permanente introdución dun personaxe real que hoxe é xa un mito popular, ‘O Naranxo’. El está presente en moitos dos seus relatos, un fío condutor que chega incluso ata a súa derradeira novela. “De Valenzuela fixo co Naranxo a mellor das recreacións literarias”, puntualizou Román Rodríguez.

O compromiso do silledense coa súa terra queda tamén patente na súa actividade como investigador, posto que como membro do Seminario de Estudos Galegos colaborou no estudo sobre a Terra do Deza, rematado en 1935.

Lembranza a Paco Lareo
Ademais de lembrar a súa vida e obra, o conselleiro tamén quixo traer á memoria colectiva a outro referente dezao, o polifacético artista cruceño Paco Lareo, creador do espazo da Solaina. Deste xeito, Román Rodríguez agradeceu o labor que está a realizar a Fundación que agora leva o seu nome para continuar co seu legado e, así mesmo, promover o coñecemento entre a sociedade en xeral doutros nomes senlleiros dunha comarca prolífica a nivel cultural.

Ao acto de inauguración tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que despois participou nunha mesa redonda en torno a Ramón de Valenzuela.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →