Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O DOG publica as ordes para as subvencións de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas

Por   /  17/06/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, as dúas ordes polas que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidas por concellos, agrupacións ou mancomunidades de concellos, así como por entidades privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia. Deste xeito procédese á súa convocatoria.

O obxectivo destas ordes é promover a adopción de estilos de vida saudables e de de ocupación do tempo libre entre os adolescentes e mozos galegos, ademais de potenciar, nos diversos colectivos nos que se intervén, factores de protección e reducir o impacto de determinados factores de risco asociados ao consumo de drogas. Tamén, que outros colectivos implicados na prevención, como familiares ou docentes, funcionen como axentes de saúde.

En total, o investimento previsto ascende a 2.701.352 euros, dos que 1.203.000 euros corresponden ás ONG e 1.498.352 euros son para os concellos. A partir de agora, as ordes pasan a ter un carácter bianual. Así, redúcese as cargas administrativas e increméntase a estabilidade dos equipos preventivos.

Ademais, introdúcese a posibilidade de que as entidades solicitantes incrementen a porcentaxe de cofinanciamento (o mínimo segue a ser 5%), fomentándose que as entidades locais integren a prevención na súa planificación estratéxica con carácter estable. Deste xeito enriquécese a valoración técnica dos proxectos presentados e foméntase o espírito de cofinanciamento das bases reguladoras.

Doutra banda, no caso dos concellos, engadíronse dos novos criterios de baremación (a porcentaxe de cofinanciamento e o custe medio por programa e 1.000 habitantes) e, no caso das ONG, un novo criterio (a porcentaxe de cofinanciamento).

En ambas dúas ordes, modificouse o cálculo das contías das subvencións para facelo máis sinxelo e simplificouse a documentación solicitada ás entidades beneficiarias, co obxecto de reducir a carga administrativa derivada da tramitación das subvencións.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →