Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Festival Arnette O Marisquiño de Vigo aposta por grupos e DJ’s galegos para o cartel de concertos da súa edición máis musical

Por   /  07/08/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)

 

A escena musical galega conta cun gran protagonismo no programa de concertos e sesións de DJ’s preparado polo festival de cultura urbana Arnette O Marisquiño para a súa décimo quinta entrega, que arranca mañá en diferentes localizacións de Vigo. Con máis de vinte citas en cartel, esta será a edición máis musical do encontro, para o que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre outras entidades patrocinadoras.

O rap, o punk, o metal e a electrónica centrarán a programación nocturna, que terá o seu epicentro no Peirao de Transatlánticos. Ese será o escenario para os concertos de rap que ofrecerán mañá Nahno Selektah + 2 MC’s (Vigo), Arce (Santiago de Compostela) e Natos y Waor (Madrid). Pola súa banda, o punk e metal soarán o sábado da man da banda pontevedresa Cuchillo de Fuego e das viguesas Aphonic e Evil Empire, mentres que a electrónica protagonizará a noite do domingo con Invasive (Vigo), Paulhard (Madrid) e Les Castizos (Málaga).

Sesión inaugural
O festival estenderá tamén a súa carteleira musical á Sala Mondo, que hoxe mesmo acolle a festa inaugural a cargo do barcelonés Sorën Manzoni, dos Nasy Mondays. A viguesa Silvia Superstar porase á fronte da sesión do venres, mentres que as do sábado e o domingo contarán con Alex Tamburini e Twin DJs, respectivamente.

Así mesmo, para este edición o festival preparou unha festa paralela que, baixo o título Marisco Son Sistema, terá lugar na carpa Red Bull desde mañá e ata o domingo entre as 21.00 e as 01.00 horas. Delas encargaranse Nahno Selektah e Soundkillah Soundsystem.

Dentro deste mesmo apartado musical, inclúense as sesións diúrnas de DJ’s que amenizarán as zonas deportivas en paralelo ás diferentes competicións. Contarase para este fin con oito coñecidos nomes da escena local: DJ Lagartija, DJ Abel, Galiss 115, Juanillo Garrote, Alex Tamurini, Pepito (DJ Meteoro), DJ Luisiño e Tito DJ.

Aplicación móbil e retransmisión en liña
Neste décimo quinto aniversario, O Marisquiño renderá homenaxe ao skate, disciplina coa que se puxo en marcha o festival, así como a Vigo, a cidade que o acolle desde as súas orixes. Ademais da ampliación da súa carteleira musical, entre as novidades deste ano tamén destaca a posta en marcha da aplicación móbil SPVtracking ou o reforzo da retransmisión do evento en ‘streaming’ a través de Xperienty TV.

A organización do festival, que repite como unha das citas do calendario internacional da World Cup Skateboarding, prevé superar este ano os 120.000 visitantes, consolidando o macroencontro vigués como un evento sostible, cun elevado retorno económico e un gran impacto publicitario, turístico e cultural non só para Vigo, senón para o resto das Rías Baixas e para Galicia en xeral.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →