Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O ISSGA publica dúas follas de prevención de riscos laborais para os postos de traballo en carnicerías e charcutería

Por   /  24/08/2015 

    Imprimir       Email

issga-logoO Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) vén de publicar dous novos números da súa colección técnica Follas de prevención, nesta ocasión centrados nos riscos laborais en postos de traballo de carnicerías e charcuterías.

Na primeira folla de prevención preséntase os principais riscos e medidas preventivas que deben adoptarse por parte dos traballadores e traballadoras. Deste feito, recóllese unha relación de actuacións a levar a cabo, como, por exemplo, recomendacións sobre a adecuación dos lugares de traballo, buscando as condicións óptimas de seguridade e benestar, ou sobre os equipos e mobiliarios para que estean correctamente dispostos. Outras medidas que se inclúen son a substitución de pavimentos escorregadizos, dispor de accesos sen riscos ou evitar cables eléctricos no chan que poidan provocar caídas.

Ademais, danse pautas en referencia aos equipos de traballo e máquinas e utensilios de corte, recordando que non deben manipularse os dispositivos de seguridade das máquinas, que os coitelos deben estar ben afiados e ter un deseño adecuado a cada operación, e que hai que empregar as luvas de malla para cortar, entre outras medidas preventivas. A publicación fai tamén fincapé nas medidas que deben adoptarse no acceso ás cámaras frigoríficas.

Na segunda folla de prevención explícase a normativa que debe cumprir o persoal destes postos en relación aos equipos de protección individual e a formación que deben ter tanto no ámbito profesional como no da prevención de riscos laborais. Menciónanse, ademais, as enfermidades profesionais máis común nestes colectivos profesionais, que están relacionadas cos trastornos de tipo musculoesqueléticos debido á adopción de posturas forzadas e á manipulación manual de cargas.

Por último, recolle a importancia da etiquetaxe da carne e o seguimento desde a súa orixe ata a venda ao consumidor, xa que é un principio básico da seguridade alimentaria, co obxecto de garantir a protección da saúde dos consumidores e traballadores que manipulan o produto en todo o proceso.

Os riscos que se poden atopar nestes postos de traballo poden ser químicos pola manipulación de produtos de limpeza e desinfección das instalación e utensilios de carnicería e chacinaría; físicos: polo ruído das máquinas refrixerantes e de corte das pezas, e polas baixas temperaturas ás que están expostos os traballadores; ergonómicos: pola fatiga física producida polo manexo manual e cargas, realización de movementos repetitivos e posturas forzadas; e biolóxicos: coa exposición a estes contaminantes por manipulación de restos orgánicos ou sangue.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →