Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O ISSGA publica un documento con 18 fichas para a prevención de riscos laborais nos viñedos

Por   /  27/08/2015 

    Imprimir       Email

issga-logoO Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de publicar o documento ‘Actúa-Viña’, composto por 18 fichas, para a prevención de riscos laborais nos traballos que se desenvolven nos viñedos. O obxecto deste folleto é advertir sobre os riscos e explicar as medidas preventivas que se deben adoptar desde a preparación do terreo e a aplicación de tratamentos, ata a recolección da uva.

O sector vitivinícola galego é unha das actividades económicas do sector primario máis relevantes na Comunidade autónoma, polo que o Instituto elaborou este documento con pautas concretas e sinxelas dirixidas aos operarios e acompañadas de imaxes. A mensaxe que se quere transmitir é clara e concreta, para que os traballadores e traballadoras poidan identificar os lugares e as tarefas habituais, así como os equipos e máquinas que empregan a diario, e adoptar as medidas preventivas que sexan oportunas.

O documento inclúe os riscos máis habituais nestas tarefas, como as caídas; os relacionados co manexo de tractor e cos seus apeiros; o emprego de maquinaria lixeira, como a rozadoira e o motocultor; ou o emprego de ferramentas manuais. Ademais menciona riscos derivados das características propias do traballo, como a exposición ao solar e ao calor, ou os riscos biolóxicos.

No texto incídese especialmente nas tarefas relacionadas coa aplicación de produtos fitosanitarios, recórdase a nova normativa sobre a etiquetaxe de produtos, e se recomenda o emprego de produtos con menor risco. Así mesmo, se explican as pautas que se deben seguir na preparación de dilucións, as comprobacións que se farán antes da aplicación, durante os tratamentos e despois dos mesmos, cun recordatorio de que se deben respectar os tempos de seguridade nas áreas tratadas.

Esta publicación inclúe un epígrafe específico adicado aos riscos desde a perspectiva do xénero, para advertir sobre aqueles riscos aos que non debe estar exposta unha muller durante o embarazo ou lactación.

O documento complétase coas fichas nas que se explica con imaxes cales son os equipos de protección individual que se deben empregar e os primeiros auxilios ante os accidentes máis habituais, como fracturas, queimaduras, picaduras de avespas e feridas, ademais dos posibles contactos químicos e intoxicacións.

Outras actividades preventivas no sector da viticultura
O ISSGA publicou con anterioridade outro documento da mesma colección, con idéntica estrutura e mesma liña de contidos, o Actúa- Adegas, no que se recollían os principais riscos laborais no procesado da uva.

Ademais, ven impartindo desde o ano 2012 cursos e obradoiros de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas naqueles concellos de maior actividade no sector. Nestes últimos anos realizáronse 29 cursos e talleres, que contaron coa participación de 475 alumnos e alumnas

Para setembro deste ano están previstos outros catro, nos concellos de Castrelo de Miño, Sober, Meaño e Ponteareas. Estas accións están orientadas non só á diminución da sinistralidade laboral, senón ademais preténdese mellorar as condicións de traballo das persoas empregadas neste sector.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →