Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O peregrino 200.000

Por   /  01/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Santiago recibiu ao peregrino 200.000 nun año récord para o Camiño
  • Trátase dunha peregrina portuguesa que realizou en grupo, xunto con familiares e veciños, o Camiño Primitivo dende Lugo
  • O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron a este peregrino tras a súa participación na Misa do Peregrino
  • No que vai de ano selaron xa a súa Compostela un 4% máis que no mesmo período do pasado ano
  • Os peregrinos estranxeiros representan xa máis do 52% do total

image_gallery (3)

 

O peregrino número 200.000 deste ano 2016 selou a súa Compostela onte na Oficina do Peregrino de Santiago.

Trátase dunha peregrina portuguesa procedente da cidade de Fátima que realizaou en grupo, xunto a familiares e veciños, o Camiño Primitivo dende Lugo.

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron a este peregrino tras a súa participación na Misa do Peregrino e lle obsequiaron cun diploma e uns regalos conmemorativos.

Año récord para o Camiño de Santiago

O 2016 está a ser un año récord para o Camiño de Santiago. No que vai de ano selaron xa a súa Compostela un 4% máis que no mesmo período do pasado ano.

Así mesmo, continúa a internacionalización da Ruta Xacobea ao representar xa os peregrinos estranxeiros máis do 52% do total.

Respecto ao Camiño Primitivo, a Ruta Xacobea elixida pola peregrina número 200.000, está a experimentar tamén un gran incremento neste ano. No que vai deste 2016 escolleron esta ruta un total de 8.925 peregrinos, o que supón un crecemento do 4,7% en relación ao 2015, sendo a cuarta Ruta Xacobea máis transitada.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →