Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O PIB galego crece a un ritmo anual do 3,3%

Por   /  27/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O PIB galego rexistrou no 3º trimestre o mellor comportamento dende 2008 e xa crece a un ritmo anual do 3,3%, máis que España
  • O incremento anual da economía galega no terceiro trimestre foi tres décimas superior ao do trimestre anterior, segundo as contas publicadas hoxe polo IGE
  • Galicia encadea 15 trimestres consecutivos de crecemento económico
  • O incremento trimestral tamén mellora e aumentou ata o 0,9%
  • O consumo final medrou un 2,8% e as exportacións máis dun 6%
  • Todos os sectores da economía galega continúan en taxas positivas, e o emprego a tempo completo tamén aumentou un 2,2%

 

image_gallery4O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou no terceiro trimestre do ano un 0,9% sobre o trimestre anterior, segundo reflicten os datos de contabilidade trimestral publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estes datos indican que a economía galega crece xa a un ritmo anual do 3,3%, o mellor comportamento dende 2008 e por riba da media española (3,2%) segundo avanzou hoxe o Instituto Nacional de Estadística (INE).

O PIB autonómico acadou no terceiro trimestre un crecemento do 3,3% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, o que supón unha mellora de tres décimas respecto á taxa interanual do segundo trimestre (3,0%). Deste xeito, Galicia supera o crecemento do PIB español (3,2%) e a economía galega consegue encadear 15 trimestres consecutivos de crecemento trimestral do PIB.

Ademais, en taxas trimestrais o crecemento da economía galega entre xullo e setembro foi unha décima maior que o rexistrado no segundo trimestre, que fora do 0,8%. De feito, o avance da economía galega no terceiro trimestre (0,9%) foi o maior dende mediados de 2007 e supera tamén o crecemento trimestral da economía española (0,7%), segundo ratificou hoxe o INE.

image_gallery5

 

Comportamento positivo de todos os sectores

Os datos do IGE mostran que o consumo final segue aumentando e xa crece a un ritmo anual do 2,8%, mentres que as exportacións tamén aumentan un 6,2%.

Ademais, todos os sectores da economía galega continúan en positivo, tanto o sector servizos (3,6%) como a construción (3,5%), a industria (2,3%) cun avance máis relevante da industria manufactureira –a máis intensiva en man de obra-, que crece un 4,4%, mentres que o sector primario medrou un 0,7%.

En termos de emprego, o número de postos de traballo a tempo completo medrou en Galicia un 2,2% sobre o mesmo trimestre do ano anterior, tres décimas máis que o rexistrado no segundo trimestre (1,9%). Neste eido destaca o incremento do emprego no sector primario (4,6%) e na industria manufactureira, que medrou un 3,0%.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →