Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O prazo para a solicitude de axudas de rehabilitación e reconstrución de vivendas no rural e en conxuntos históricos continúa aberto ata o vindeiro 12 de setembro

Por   /  26/08/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O prazo de solicitude de axudas para remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas no rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago continúa aberto ata o próximo 12 de setembro.

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) destinará máis de 1,1 millóns de euros a ditas subvencións.

Estas subvencións diríxense aos titulares de actuacións de remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas emprazadas no ámbito rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Cómpre lembrar que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 12 de agosto a correspondente resolución de convocatoria, que se insire nas actuacións previstas no Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. Neste enlace pode consultarse a información relativa ás citadas subvencións. (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150812/AnuncioC3Q2-060815-0001_gl.html)

Para ter dereito á axuda, as vivendas rehabilitadas deberán estar destinadas a residencia habitual e permanente do propietario ou do inquilino no caso de alugueiro.

Para acceder a estas subvencións as actuacións deben dispoñer de autorización oficial da Xunta de Galicia. O importe da axuda pode acadar o 50% do orzamento que figura na resolución, sen que poida superar o límite máximo de 6.600 euros para as actuacións de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e de 8.600 euros para as obras de reconstrución.

Da contía total de 1.133.706 euros desta convocatoria, 833.706 euros serán destinadas a actuacións no ámbito rural e 300.000 euros ás do ámbito histórico.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →