Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O prazo para solicitar o voto por correo rematará mañá xoves

Por   /  14/09/2016 

    Imprimir       Email
  • O prazo para solicitar o voto por correo nas eleccións ao Parlamento de Galicia rematará mañá xoves, 15 de setembro
  • Os interesados poden solicitalo en calquera oficina de Correos
  • Trátase dun procedemento totalmente gratuíto

 

votocorreoextranjero_0O prazo para solicitar o voto por correo para as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o 25 de setembro, rematará mañá xoves, 15 de setembro.

A modalidade de voto por correo está dirixida para aqueles electores que na data da votación teñan prevista a súa ausencia da localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito ao voto. Á súa vez tamén pode votar por correo quen, por enfermidade ou incapacidade física, non puidesen presentarse no lugar da votación.

A solicitude débese formular persoalmente polas electoras ou electores interesados, que deberán cumprimentar e asinar o impreso de solicitude do voto por correo que se atopa en todas as oficinas de Correos de España. O formulario online está dispoñible para poder descargar, cubrir e entregalo en calquera Oficina de Correos.

A Delegación da Oficina do Censo Electoral correspondente enviará por correo certificado, entre os días 5 ao 18 de setembro, ao domicilio indicado na solicitude do voto por correo a documentación necesaria para exercer o voto. Unha vez recollida persoalmente esta documentación, o elector deberá remitir sobre coa documentación por correo certificado ata o 21 de setembro. Este sobre non necesita franqueo. Trátase dun procedemento totalmente gratuíto.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →