Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Programa IACOBUS-FP financiará 37 estadías en centros de Formación Profesional de Galicia e do Norte de Portugal

Por   /  29/06/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) vén de informar da resolución das solicitudes da primeira convocatoria do Programa IACOBUS-FP, na que resultaron beneficiados 37 proxectos.

A convocatoria, que está dotada con 60.000 euros, servirá para financiar 23 estadías de profesores galegos na Rexión Norte de Portugal, e de 14 profesores portugueses en Galicia. Estes proxectos abranguen áreas de formación diversificadas como novas tecnoloxías da información, soldadura ou hostalería e turismo.

O programa “Iacobus Formación Profesional (Iacobus-FP)” é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de contribuír á configuración dun espazo de integración interrexional entre as institucións formativas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

En concreto esta convocatoria, está enfocada aos Centros Públicos de Formación Profesional de Galicia e do Norte de Portugal e pretende fomentar a cooperación e o intercambio entre os profesores dos Centros Públicos de FP para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas que están a ser desenvolvidas polo Instituto de Emprego e Formaçao Profissional de Portugal (IEFP) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tamén pretende para facilitar a homologación de titulación de FP.

O Iacobus é unha das prioridades definidas no PIC – Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión, e conta co apoio da Unión Europea, quen contribúe ao seu financiamento a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →