Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O secretario xeral de Universidades salientou a formación do profesorado como un elemento clave para a calidade educativa

Por   /  04/09/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díaz de Castro, subliñou que o profesorado é unha “peza clave” do sistema educativo e que a súa formación é imprescindible para avanzar na súa calidade e excelencia. Así o asegurou onte no marco do simposio de verán que organiza a Universidade de Santiago no Campus de Lugo en onde se está a debater sobre o pasado, presente e futuro da escola.

Na súa intervención, Díez de Castro salientou tamén o papel decisivo da Universidade na formación de docentes adaptados ás necesidades e novos retos do século XXI, con profesionais que se manexen coas tecnoloxías da información, coas linguas estranxeiras, e con capacidade crítica para ser capaces de formar en valores, entre outros.

Ademais, o secretario xeral de Universidades lembrou que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta cun Plan de formación do profesorado en permanente actualización para adaptarse ás necesidades dos centros e dos docentes. Trátase dun Plan que afonda en diversos aspectos que van desde a implantación dos novos currículos, a aposta polo traballo por competencias e metodoloxías innovadoras, a potenciación das tecnoloxías ata temas como a atención á diversidade e a inclusión, entre outros.

Segundo Díez de Castro, este traballo está en consonancia co establecido na Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, unha lei que ten como principal finalidade mellorar a calidade do sistema educativo no seu conxunto e que en Galicia se está aplicando con total normalidade.

Este simposio de verán–no que participan profesionais do ámbito educativo- configúrase como un espazo de debate sobre os cambios sufridos na escola como consecuencia das novas demandas na sociedade. Así mesmo sirve para reflexionar sobre o papel dos diferentes axentes (familia, escola e outros), e a busca de fórmulas de cooperación.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →