Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Sergas e Lilly asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Disney Corner en salas de espera de consultas de endocrinoloxía pediátrica

Por   /  24/08/2015 

    Imprimir       Email

SERGASO Servizo Galego de Saúde e a entidade Lilly S.A., veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de levar a cabo a creación dun espazo seguro, educativo e divertido, o Disney Corner, instalado na sala de espera das consultas de endocrinoloxía pediátrica, coa fin de que os pacientes pediátricos e acompañantes melloren a súa experiencia mentres agardan o seu turno de consulta.

A alianza de Lilly e Disney é un acordo a nivel mundial, polo que Disney desenvolveu un personaxe (Coco) con diabetes tipo 1. Así, a través de diferentes historias e cos demais personaxes da familia Disney se explica, dunha maneira sinxela e divertida, como Coco pode facer a mesma vida que os nenos e nenas da súa idade, sempre que se planifique e actúe conforme á súa enfermidade. Ademais das imaxes de Disney, existirán comics e imaxes da familia Disney para colorear.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →