Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O Sergas garante a continuidade do tratamento aos pacientes que padecen a enfermidade de Morquio

Por   /  09/04/2015 

    Imprimir       Email

SERGASO Servizo Galego de Saúde vén de comunicar aos pacientes e ás súas familias a continuidade do tratamento co medicamento Elosulfasa Alfa para a enfermidade de Morquio, unha vez avaliados os criterios clínicos dos nenos co equipo asistencial.

Ante a autorización do medicamento por parte da Axencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios a finais de marzo, e tras os oportunos contactos co laboratorio e cos profesionais que realizan o seguemento clínico dos pacientes, o Sergas adoptou a decisión de dar continuidade ao tratamento.

Esta decisión prodúcese ante a previsible comercialización do citado medicamento en España, que deberá producirse en próximas datas pero que, a día de hoxe, aínda non é unha realidade. O financiamento e asignación de prezo dos fármacos en España non corresponde ás comunidades autónomas, senón que é unha competencia do Goberno central.

Cómpre subliñar que, ata o momento da súa interrupción por parte do laboratorio, a utilización deste medicamento realizábase nun contexto de investigación clínica, o que supón un importante grao de incerteza tanto na eficacia como na seguridade. Nesta situación, as actuacións da Administración sanitaria deben ser sempre feitas coas maiores garantías para os pacientes.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →