Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O servizo galego de saúde publica a relación definitiva de admitidos e excluidos e a baremación provisional do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Por   /  08/07/2015 

    Imprimir       Email

SERGASO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as resolucións pola que se publica a relación definitiva de admitidos e excluídos e a baremación provisional do concurso de traslados convocado por resolucións do 19 de novembro de 2014, no que o 52,42% dos profesionais que participan conseguen o destino solicitado.

Neste concurso resultaron admitidos un total de 1.097 profesionais e as categorías con máis aspirantes admitidos son as de persoal de servizos xerais e celador.

Este concurso de traslados ten como finalidade facer efectivo o dereito á mobilidade do persoal estatutario fixo das seguintes categorías de persoal de xestión e servizos do Servizo Galego de Saúde: albanel, calefactor, carpinteiro, celador, cociñeiro, condutor, costureiro, electricista, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, persoal de servizos xerais, pinche, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información, telefonistas, traballador social e xardiñeiro.

A relación definitiva de admitidos e excluídos atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) o resultado da súa baremación no concurso.

Nas resolucións publicadas, ábrese un prazo de quince días hábiles contados a partir do 9 de xullo, para que as persoas interesadas poidan formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais, mediante escrito que deberán presentar nun rexistro público, dirixidas a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

As reclamacións presentadas, entenderanse rexeitadas ou admitidas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados.
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas:Concurso.Traslados@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →