Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

O volume de negocio das empresas TIC galegas superou os 2.396 millóns de euros no ano 2014, un 4,6% máis que no 2013

Por   /  19/10/2015 

    Imprimir       Email

A Amtega publicou onte a “Enquisa ás empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2015”, elaborada polo Osimga.

  • O sector TIC galego acadou a cifra de 2.242, o que supón un crecemento de 169 empresas durante o período 2010-2013
  • Tres de cada catro empresas que desenvolveu actividades relacionadas con I+D+i nos últimos tres anos obtivo produtos comercializables
  • No período de 2012-2014 un 9,8% das empresas TIC galegas rexistraron algunha marca, o que supón un incremento de 2,4 puntos porcentuais respecto ao período anterior
  • Un 39,6% das empresas TIC galegas emprega solucións de Cloud Computing, 3,5 puntos máis que no ano anterior
  • O peso das vendas a través do comercio electrónico representou o 38,2% sobre o volume de negocio destas empresas
  • No ano 2015 as velocidades de conexión a Internet superiores a 100 Mbps convértense na opción máis contratada polas empresas TIC galegas, pasando dun 17,4% ata un 30,7%.

tecnologias-empresas-500x250O volume de negocio das empresas TIC galegas superou os 2.396 millóns de euros no ano 2014, un 4,6% máis que no ano 2013. Un 76,7% do volume de negocio corresponde a clientes galegos e un 15,5% a clientes do resto de España.

O número de empresas do sector tecnolóxico galego acadou a cifra de 2.242, o que supón un crecemento de 169 empresas durante o período 2010-2013 e sitúa a Galicia como a quinta Comunidade autónoma con tecido empresarial TIC. Non obstante, os datos poñen de manifesto a atomización do sector: o 83,4% das empresas TIC galegas ten un máximo de dous empregados.

O sector TIC dá emprego a 14.400 traballadores, que representan o 1,6% de afiliacións á Seguridade Social en Galicia. Un 77,1% pertencen ao réxime xeral de cotización da Seguridade Social, mentres que o 22,9% restante son traballadores autónomos.

Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do “Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2015”.

Impulso dun ecosistema dixital innovador
En relación ao peso do sector na economía galega, o estudo do OSIMGA indica que o valor engadido bruto (VEB) do sector TIC galego en 2013 superou os 1.021 millóns de euros, o que representa o 1,9% do PIB de Galicia.

O sector TIC está a contribuír á creación dun ecosistema dixital que facilite o desenvolvemento de produtos e servizos innovadores. Nos tres últimos anos o 31,5% das empresas TIC desenvolveu actividades relacionadas con I+D+i. Destas, tres de cada catro obtivo resultados comercializables. Ademais, no período de 2012-2014 un 9,8% das empresas TIC galegas rexistraron algunha marca, o que supón un incremento de 2,4 puntos porcentuais respecto ao período anterior.

Perfil dos traballadores
As empresas TIC galegas contan cunha maioría de profesionais TIC con formación universitaria ou especializada a través de ciclos formativos TIC. Un 46,1% do persoal das empresas TIC ten titulación TIC de grao superior ou medio e un 21,8% conta con ciclos formativos TIC superiores ou medios

A proporción de mulleres que traballan no sector é dun 33,4% fronte ao 66,6% de homes. A análise da distribución por xénero das funcións dos traballadores mostra unha significativa fenda no persoal adicado específicamente a labores TIC, cun 51,8% de traballadores homes, fronte ao 13,7% das traballadoras que desempeñan tarefas TIC.

Cloud Compunting, redes sociais e software para aplicacións móbiles
Unha das capacidades do sector TIC é o uso e o desenvolvemento de solucións avanzadas. Un 39,6% das empresas TIC galegas emprega tecnoloxías Cloud, 3,5 puntos porcentuais máis que na edición anterior. Desde o punto de vista dos servizos Cloud como liña de negocio, a enquisa sinala que o 44,9% das empresas TIC, que empregan servizos Cloud, oferta tamén este tipo de tecnoloxía.

Un 36,7% das empresas TIC galegas ten presenza nas redes sociais, experimentando un incremento de 3,3 puntos porcentuais neste indicador. As finalidades principais para ter presenza nas redes sociais son as accións dirixidas a marketing e a captación de novos clientes. Ademais, o 13,5% das empresas TIC galegas que aínda non están presentes nas redes sociais, teñen previsto incorporarse proximamente.

Outra tendencia que se extrae do estudo do OSIMGA é o uso e o desenvolvemento de software para plataformas móbiles: O 63,5% das empresas TIC galegas empregou aplicativos en teléfonos móbiles e/ou tabletas, máis de 7 puntos porcentuais respecto ao ano 2014.

No que se refire ao desenvolvemento específico de software para plataformas móbiles: Unha de cada catro empresas TIC galegas ofrece este tipo de servizos, aumentando esta porcentaxe ata o 32,1% no caso das empresas adicadas ás actividades informáticas.

Aposta polo comercio electrónico
Tres de cada catro empresas TIC galegas realizaron compras de bens ou servizos a través do comercio electrónico, 4,4 puntos máis que no ano anterior e un 27,3 vendeu bens ou servizos online durante o ano 2014. As vendas experimentaron un crecemento de 2 puntos porcentuais respecto ao ano anterior.

O peso das vendas a través de comercio electrónico nas empresas TIC galegas que venden a través da Rede foi dun 38,2%. O destino principal deste tipo de vendas é Galicia, como área xeográfica cara a que se dirixen máis da metades das vendas, un 51,3%, seguido do 38,7% do resto de España.

Cara a unha Internet ultrarrápida e á madurez tecnolóxica
O despregamento e a adopción de redes máis rápidas, abrirá camiño cara uns servizos innovadores que exploten as velocidades máis elevadas. No ano 2015 prodúcese un significativo aumento de empresas que teñen contratadas velocidades superiores a 100 Mbps, pasando dun 17,4% ata un 30,7%, converténdose na velocidade de acceso máis contratada polas empresas TIC galegas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →