Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Operadores rusos visitan Galicia

Por   /  15/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Operadores rusos visitan Galicia para coñecer a súa oferta turística
  • Nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia, os axentes fan un percorrido de oito días pola costa e o interior da Comunidade galega
  • Na súa estadía coñecerán os principais recursos e produtos turísticos do destino Galicia

image_gallery-4

 

Un grupo de 12 operadores turísticos de Rusia visitan estes días a Comunidade galega para coñecer a súa oferta turística e incorporar o destino Galicia aos seus catálogos de viaxes organizados.

Durante a súa estadía, organizada por Turismo de Galicia, os representantes das axencias Vremia-Tour, Best-Tour, Damir-Tour, Atmos Medical, Apropos, Starlette, Estaryi Gorod, Olimp-Tour, City-Travel, RST, Salon Puteshestvi e Marfil Travel poderán coñecer a fondo os principais recursos turísticos así como os produtos máis salientables da Comunidade galega.

A viaxe comezou o pasado sábado en Santiago de Compostela e estenderase ata o día 17 de setembro, logo de visitar distintos xeodestintos do destino Galicia.

Produtos turísticos
Os profesionais do turismo ruso terán a oportunidade de coñecer o Camiño de Santiago e a cidade de Compostela e comprobar a súa influencia en Galicia como destino turístico de características propias.

Ademais, visitarán distintas contornas de costa para testar as posibilidades de Galicia neste eido, asociadas á natureza e á cultura.

Os operadores rusos tamén poderán coñecer distintas vilas costeiras galegas, así como contornas urbanas do interior de interese monumental e turístico.

Na súa estadía, os axentes de viaxes de Rusia visitarán todos os bens Patrimonio da Humanidade de Galicia e coñecerán produtos relacionados coa marca do Turismo de Galicia como A Ruta da camelia, Paseando entre viñedos ou Patrimonio oculto.

Enogastronomía
Por outra parte, visitarán varias adegas de distintas denominacións de orixe protexidas dos viños de Galicia e terán a oportunidade de gozar da gastronomía de Galicia en distintos restaurantes e locais de hostalaría da Comunidade galega.

Tamén coñecerán a oferta de sendeirismo de Galicia e outros aspectos relacionados coa práctica do turismo de natureza na Comunidade.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →