Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Os Ancares acolle este fin de semana o novo programa de turismo ornitolóxico “De póla en póla”

Por   /  05/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

Esta fin de semana Os Ancares acolleron o novo programa promovido por Turismo de Galicia “De póla en póla”, un innovador programa de turismo ornitolóxico que permite gozar dunha fin de semana en contacto coa natureza descubrindo o mundo das aves. Ademais dunha formación teórica e práctica de introdución á observación de aves, inclúe a estancia en establecementos rurais de Galicia.

Así, “De pola en pola” ofrece aos amantes do mundo ornitolóxico un completo programa de fin de semana que inclúe o aloxamento de venres a domingo nos establecementos rurais de Galicia seleccionados, as ceas do venres e sábado, os almorzos do sábado e domingo, un xantar tipo picnic para o sábado, para gozar do campo mentres realízanse as primeiras observacións, e a formación teórico-práctica de observación de aves impartida por un monitor experto.

Nesta primeira edición Turismo de Galicia escolleu para este programa tres dos espazos máis senlleiros da xeografía galega para o avistamento de aves: o Canón do Sil, A Terra Chá e os Ancares e Montes de Cervantes.

Dende Turismo de Galicia apóstase polo turismo ornitolóxico como un uso sostible dos recursos naturais que permite achegarnos á natureza e ás paisaxes desde un punto de vista singular, cercano e privilexiado.

O programa, que combina estas dúas riquezas de Galicia, a natureza e o turismo rural, ten por obxectivo dinamizar o turismo no eido rural, promover o turismo ornitolóxico, e favorecer a desestacionalización.

“De póla en póla” é unha das accións contempladas na segunda liña estratéxica do Plan Integral de Turismo de Galicia, centrada na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos.

Nesta estratexia enmárcanse outras iniciativas do eido do turismo ornitolóxico como a asistencia á Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, que celébrase no Parque Nacional de Monfragüe, en Extremadura, e trátase do certame turístico máis importante do sector en España.

Programa para o impulso do turismo ornitolóxico
“De póla en póla” é a primeira iniciativa dun programa extenso de turismo ornitolóxico que Turismo de Galicia presentará de maneira completa no próximo ano.

Outra das iniciativas xa postas en marcha é unha plataforma específica de turismo ornitolóxico albergada na páxina web de Turismo de Galicia que ofrece o “Top Ten do Turismo Ornitolóxico”.

A plataforma propón diversas rutas para facer en coche ou a pé, con información e soporte de Google Maps, para o avistamento de aves indicando as especies mais emblemáticas de cada espazo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →