Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Os Camiños do Norte xa son Patrimonio Mundial da Unesco

Por   /  06/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)

 

Na tarde de onte no World Conference Center de Bonn, no marco da 39ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial, os Camiños do Norte veñen de ser incluídos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, valorou como “trascendente para o desenvolvemento cultural e económico de Galicia” este novo galardón “que sitúa ao noso país con cinco bens patrimonio da humanidade” e a España con 45 bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial. O terceiro país con máis bens declarados só por detrás de Italia e China.

A inserción na Lista da UNESCO é o máximo recoñecemento que pode recibir un ben, polo cal o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez expresou a súa satisfacción, subliñando “o traballo realizado durante estes máis de sete anos de colaboración entre as administracións dos gobernos autonómicos de Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja e Galicia, e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.”

“Un recoñecemento –continuou o conselleiro− do ‘Valor Universal Excepcional’ de catro rutas singulares: o Camiño da Costa, o Camiño Primitivo, o Lebaniego (Cantabria) e o Vasco-Rioxano, que abarca a inclusión nominal dun total de dezaseis monumentos da máxima relevancia e valor cultural. Un recoñecemento destas rutas do Norte que conducen a Compostela desde o século IX até o presente. Un recoñecemento dun ben vivo, importante para o desenvolvemento sustentable das comunidades do Norte de España e, moi especialmente, de Galicia.”

Nesta liña, o titular de Cultura e Educación da Xunta destacou “a singular trascendencia para a Galicia interior e concretamente para Lugo, pola importancia que a declaración ten como recurso para o desenvolvemento, ademais de cultural e patrimonial, económico e turístico.”

Os Camiños do Norte en Galicia
En concreto por Galicia transitan dúas das catro rutas: o Camiño da Costa, que comunica a cornixa Cantábrica con Compostela, e o Camiño Primitivo. Ademais, abarca singularmente catro monumentos: a Muralla e a Catedral lucenses, a Catedral mindoniense e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

O Camiño do Norte, procedente de Asturias, ten dúas variantes, a coñecida como ruta da Costa e a ruta do Interior, que é a que se corresponde co Camiño Primitivo ou Camiño de Ovedo. O trazado deste camiño, ao seu paso por Galicia, discorre por un total de 9 concellos: A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Friol, Palas de Rei, Toques e Melide, onde finalmente entronca coa ruta principal do Camiño de Santiago: o Camiño Francés.

Pola súa banda, o Camiño da Costa discorre por un total de 16 concellos, en contreto falamos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte, Friol, Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela, onde entronca co Camiño Francés á altura da cabeceira do aeroporto de Lavacolla.

Galicia incrementa así a súa nómina de declaracións, que até o día de hoxe incluía xa á Cidade vella de Santiago de Compostela, elixida en 1985; o Camiño de Santiago Francés, inscrito en 1993; a Muralla romana de Lugo recoñecida no 2000; e a Torre de Hércules, que alcanzou a súa inclusión en 2009.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →