Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Pablo Rodríguez “representa os mellores valores do deporte e leva con orgullo o nome de Maceda e o de Ourense”

Por   /  25/09/2015 

    Imprimir       Email

Homenaxe ao ciclista Pablo Rodríguez, en Maceda, pola súa traxectoria deportiva.

  • Manuel Baltar afirma que o ciclista ourensán “representa os mellores valores do deporte e leva con orgullo o nome de Maceda e o de Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu onte ao acto de homenaxe ao deportista ourensán Pablo Rodríguez Guede, que tivo lugar no Concello de Maceda. O Pavillón Municipal de Deportes de Maceda pasa a chamarse dende hoxe, Pablo Rodríguez, en homenaxe ao ciclista macedán pola súa traxectoria deportiva no mundo do ciclismo.

Homenaxe ao ciclista Pablo Rodríguez, en Maceda, pola súa traxectoria deportiva

 

Manuel Baltar afirmou “Pablo é un ourensán universal, representa os mellores valores do deporte e leva con orgullo o nome de Maceda e o de Ourense “,e engadiu “a Deputación de Ourense apoia a súa traxectoria e seguirá ao seu carón porque o seu futuro non ten límites”.

 

Pablo Rodríguez gañou de novo este ano o Campionato de España Sub-23 de bicicleta de montaña (BTT) que se suma os tres gañados anteriormente nos anos 2012, 2013, 2014. Ademais conseguiu o segundo posto na Copa do Mundo Sub-23 e é campión de Europa Sub 23 de mountain bike na especialidade de cross country.

 

Durante o acto de homenaxe tivo lugar unha demostración dun adestramento da Escola de Ciclismo J.A. Hermida, algo que recordou aos comezos de Pablo Rodríguez, que se iniciou a súa formación no mundo do ciclismo nesta escola.

 

Ademais, e con motivo do décimo aniversario da Escola de Ciclismo J.A. Hermida, proxectouse un vídeo que deu mostra do percorrido do club macedán durante estes anos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →