Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Por   /  02/12/2016 

    Imprimir       Email
  • O paro baixa en novembro nun 9,6% en Galicia, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos
  • A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do desemprego salientando que a Comunidade leva xa rexistrando máis de 3 anos de baixadas consecutivas na evolución anual
  • Por cuarto ano consecutivo logra reducirse o número de persoas sen emprego nun mes de novembro e o dato sitúa a Galicia en niveis inferiores aos de hai 7 anos
  • Toca sinalou que a evolución anual é a que marca o crecemento económico resaltando que Galicia está na boa dirección porque o paro baixa, as afiliacións volven a subir nun 2,05%, así como a contratación indefinida
  • Indicou que o desemprego volve a diminuír nas principais variables con respecto a hai 12 meses: nas catro provincias, 7 grandes cidades, todos os sectores e tramos de idade e tanto en homes como mulleres
  • Descendeu nos colectivos prioritarios cos que traballa a Xunta para reducir o paro como son os menores de 30 anos (-14,46%), parados de longa duración (-10,03%) e mulleres (-8,10%)
  • A secretaria xeral afirmou que o Goberno galego está a impulsar o emprego de calidade a través da Axenda 20 que ten como obxectivo a creación de entre 80.000 e 100.000 postos laborais ata 2020

 

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0Galicia pechou o mes de novembro con 21.604 persoas menos en situación de desemprego, o que supón un descenso do 9,60% con respecto a hai un ano, case un punto máis que a media do Estado. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que é o maior descenso producido nun mes de novembro desde hai 18 anos en termos porcentuais.

En palabras de Toca, por cuarto ano consecutivo logra reducirse o número de persoas sen emprego nun mes de novembro, datos que sitúan á Comunidade galega en niveis inferiores aos de hai 7 anos.

A responsable de emprego explicou, ademais, que a evolución anual é a que marca o crecemento económico resaltando, neste senso, que “Galicia está na boa dirección” porque o desemprego sigue diminuíndo con respecto a hai un ano, ao tempo que souben as afiliacións á Seguridade Social nun 2,05% e a contratación indefinida no que vai de ano nun 9,01% .

Así mesmo, indicou que con respecto a hai 12 meses descende o número de persoas en paro nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres.

Con respecto ao Estado, Toca manifestou que Galicia presenta un comportamento mellor que a media nacional, situándose a Comunidade case un punto por enriba (na media estatal baixa nun -8,66% fronte ao -9,60% de Galicia).

As afiliacións seguen aumentando, en comparación con hai un ano nun 2,05%. Este incremento é o segundo maior producido desde 2007 e xa son 32 os incrementos consecutivos producidos, desde abril de 2014.

En canto ás provincias, detallou que a da Coruña lidera a baixada con respecto a novembro de 2015 (-10,11%), seguida de Pontevedra (-9,28%), Ourense (-9,27%) e Lugo (-9,21%) e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,39%, seguido da industria cun -12,24%. Toca, ademais, salientou que o número de persoas sen emprego diminuíu nos colectivos prioritarios cos que traballa a Xunta para reducir o desemprego como son os menores de 30 anos (-14,46%), os parados de longa duración (10,03%) e as mulleres (8,10%).

Con respecto ao mes pasado, o paro rexistrado subiu nun 2,32% concentrándose o incremento fundamentalmente nos sector servizos debido a que se prolongou este ano a tempada de verán. Toca explicou, así mesmo, que o incremento de paro en novembro prodúcese de xeito habitual subliñando que o desemprego aumenta de xeito ininterrompido en novembro desde 1996, o inicio da serie histórica. “Estamos a falar, polo tanto, dunha subida que ten lugar independentemente do ciclo económico”, apuntou. Por iso, incidiu na importancia que ten a evolución anual dos datos do paro rexistrado.

Por último, a secretaria xeral de Emprego indicou que aínda que hai que ser prudentes, a recuperación económica en Galicia estase a consolidar, tal e como o reflicten os datos do paro e do resto dos principais indicadores económicos. Neste senso, Toca afirmou que a Xunta está a impulsar o emprego de calidade a través da Axenda 20 que ten como obxectivo a creación de entre 80.000 e 100.000 postos ata 2020 e, por iso, os orzamentos seguen dando prioridade ao emprego cun incremento para o ano 2017 de máis dun 15%.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →