Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Porriño: Información accidente ferroviario

Por   /  09/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Ampliación información accidente ferroviario no Porriño

fotonoticia_20160909102326_640

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informa dunha cuarta persoa falecida.

Resultaron 47 persoas feridas que foron trasladadas aos hospitais da zona. En concreto, 20 ao Hospital Álvaro Cunqueiro, 9 a Fátima, 14 Povisa e 4 ao Centro de Saúde do Porriño

Está activado o programa de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencia ‘ARIEM 112’, dende as 10.30 horas, así como o nivel 1do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga).

Está mobilizado o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), e está colaborando a Cruz Vermella, así como o grupo de apoio loxístico da Axega.

O 061 ten mobilizados os seguintes medios:
– 2 helicópteros
– 3 UVI móbil (Vigo, Mos e Pontevedra)
– 7 ambulancias de soporte vital básicas (zona de Vigo)
– 3 ambulancias soporte vital básico apoio
-1 ambulancia de transporte sanitario colectivo
– O vehículo de apoio loxístico (capacitado para a intervención en accidentes de múltiples vítimas)

Pola súa banda, ADIF ten habilitado un teléfono de información aos familiares, que é o 900 101 020

 

 

A Xunta traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren do Porriño

A Xunta de Galicia traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren ocorrido esta mañá no Porriño (Pontevedra).

Na zona, a onde se desprazou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, seguen a traballar neste momento os servizos de emerxencias e sanitarios para tentar minimizar no posible as consecuencias persoais do sinistro.

A causa deste suceso, o Goberno galego acordou anular a súa axenda pública no día de hoxe.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →