Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Preto de 3.000 persoas foron atendidas no primeiro semestre do ano nos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade

Por   /  05/08/2015 

    Imprimir       Email

SERGASOs profesionais sanitarios dos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade vacinaron a un total de 2.885 viaxeiros no primeiro semestre do presente ano, de xaneiro a xuño, ambos inclusive. Por provincias, 1.443 persoas vacináronse nos centros da provincia da Coruña, 372 nos de Lugo, 344 nos de Ourense e 726 nos de Pontevedra.

O número de vacinas administradas superou as 4.300, concretamente foron 4.317, das cales 2.105 puxéronse nos centros de vacinación internacional instalados nos hospitais do Servizo Galego de Saúde da provincia da Coruña, 688 nos de Lugo, 413 nos de Ourense e 1.111 nos da provincia de Pontevedra.

Os centros están emprazados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; no de Santiago; dous no de Vigo, un no hospital Xeral e outro no Meixoeiro; no Hospital Universitario Lucus Augusti; no C.H. Universitario de Ourense; e no C.H. de Pontevedra.

Os hospitais Arquitecto Marcide, en Ferrol; Virxe da Xunqueira, en Cee; de Monforte; da Costa, en Burela; e o do Salnés, en Vilagarcía, tamén dispoñen de puntos de vacinación internacional.

Planificación con tempo e recomendacións
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da saúde pública da Consellería de Sanidade recomenda programar as saídas con un ou dous meses de antelación, especialmente cando se trata de viaxes internacionais e no caso de visitar áreas tropicais ou subtropicais de maior risco, onde xeralmente as condicións sanitarias son precarias.

No caso de precisar algunha vacina ou medida especial é importante solicitar unha cita con antelación no centro de vacinación internacional máis próximo. Ademais, convén lembrar algunhas recomendacións, sobre todo se se trata de viaxes a sitios tropicais, para evitar insolacións ou deshidratacións. É imprescindible beber moita auga e protexerse con lentes de sol, así como utilizar cremas solares e locións antimosquitos. Respecto á roupa, compre escoller prendas e calzado axeitado segundo o destino e duración da viaxe.

En canto ás comidas, o conveniente é tomar alimentos cociñados, tendo moita precaución coas salsas, peixes ou alimentos con ovo. No consumo de froita, optar sempre pola que se poida mondar e evitar as ensaladas e xeados caseiros, a non ser que se coñeza a súa orixe. Tamén é importante beber auga embotellada e non consumir xeo que non fose preparado con auga segura.

Doutra banda, no caso de manter relacións sexuais cunha parella non habitual, compre utilizar sempre preservativo para previr enfermidades de transmisión sexual. Tamén convén prestar atención á caixa de urxencias de viaxe e, en caso necesario, levar a medicación recomendada.

Informar ao médico en caso de enfermidade
Actualmente en España, millóns de persoas viaxan cada ano ao estranxeiro, e delas, un gran número, van a zonas tropicais, lugares onde o risco de determinadas enfermidades é máis alto.

Os profesionais da saúde teñen que afrontar problemas coas viaxes cada vez máis frecuentemente. Así mesmo, teñen que aconsellar antes da partida e saber diagnosticar ou tratar ao viaxeiro enfermo ao seu regreso.

A Consellería de Sanidade recorda que algunhas enfermidades tropicais non se manifestan inmediatamente, e poden presentarse bastante tempo despois do regreso. Deste xeito, no caso de que se necesite acudir ao médico, deberase informar o médico de que realizou unha viaxe nos últimos doce meses a unha zona tropical ou país en vías de desenvolvemento.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →