Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Preto de 3.500.000 viaxeiros para un máximo histórico neste 2016

Por   /  01/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Galicia acada un máximo histórico neste 2016 ao recibir preto de 3.500.000 viaxeiros
  • Nos primeiros oito meses deste ano Galicia rexistrou tun incremento do 7,1% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados e do 9,2% no que atinxe ás pernoitas en relación ao mesmo período do 2015
  • O turismo internacional acadou cifras históricas neste período con preto de 950.000 viaxeiros aloxados e case 1,59 millóns de pernoitas
  • A nosa comunidade mellorou as súas cifras de ocupación en todas as tipoloxías de aloxamento

 

Gráfico cos datos

Gráfico cos datos

 

No pasado mes de agosto Galicia rexistrou un máximo histórico tanto na súa cifra de viaxeiros aloxados como nas súas pernoitas ao rexistrar un total de 899.088 e 2.214.332, un 8,6% e 9,9% máis que no mesmo mes do ano anterior.

É o cuarto ano consecutivo no que se rexistra un incremento da demanda turística regrada en Galicia no mes de agosto.

O incremento da demanda produciuse polo bo comportamento dos dous grandes segmentos de mercado. O turismo nacional subiu en Galicia un 7,9% no que atinxe aos viaxeiros, con máis de 670.000 viaxeiros aloxados, e un 9,1% no que se refire ás pernoitas, acadando preto de 1,8 millóns, a cifra máis elevada dos últimos once anos.

Pola súa parte, o mercado internacional acadou tamén neste oitavo mes do ano máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados, con preto de 230.000, un 10,8% máis que en agosto de 2015, como de pernoitas, con máis de 420.000, un 13,5% máis neste caso.

En agosto o 69% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis –que representaron o 54%- como ás pensións –co 16% neste caso-. O 31% restante, situouse no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos –que representaron o 5% da demanda total-, aos cámpings –co 20%- e aos establecementos de turismo rural –que supuxeron o 5% neste caso-.

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas destacando o incremento de pernoitas rexistrado nos apartamentos turísticos -18%-, nos cámpings -23%- e nos establecementos de turismo rural -19%-.

Esta dinámica positiva coloca os niveis de demanda de case todas as tipoloxías en cifras récord xa que nunca antes se acadaran volumes de viaxeiros e pernoitas tan elevadas en case todas as modalidades de aloxamento regrado no mes de agosto.

O incremento da demanda levou consigo unha mellora tamén dos niveis de ocupación, superando no caso dos cámpings en 9,1 puntos a cifra do pasado ano e nos establecementos de turismo rural en 8,5 puntos porcentuais.

Período estival

No período estival deste ano 2016 –meses de xullo e agosto- Galicia rexistrou un incremento do 8,0% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados –con preto de 1,63 millóns- e do 11,5% no que atinxe ás pernoitas –con preto de 3,92 millóns neste período-. Grazas a estas porcentaxes de crecemento Galicia acadou neste verán máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados como de pernoitas.

O turismo nacional subiu un 11,6%, consecuencia do crecemento da cifra de viaxeiros españois aloxados en Galicia, do 8,6%- o que permitiu superar por vez primeira a barreira dos tres millóns de pernoitas e acadar, polo tanto, un máximo histórico de demanda no verán.

Pola súa parte, o turismo internacional incrementou un 6,5% a cifra de viaxeiros aloxados e un 10,9% o nivel de pernoitas do verán de 2015 marcando un máximo histórico de demanda con máis de 400.000 viaxeiros e 742.000 pernoitas.

Neste período o 70,4% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis –que representaron o 55,0%- como ás pensións –co 15,4% neste caso-. O 29,6% restante situouse no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que reúne aos apartamentos turísticos –que representaron o 5,1% da demanda total-, aos cámpings –co 19,6%- e aos establecementos de turismo rural –que supuxeron o 4,9% neste caso-.

O incremento da demanda produciuse de maneira xeneralizada en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas, con subidas do 17% nos apartamentos turísticos, do 20% nos cámpings e do 22% nos establecementos de turismo rural.

En termos de ocupación, nos cámpings e nos establecementos de turismo rural a mellora superou os sete puntos porcentuais e nos hoteis e nas pensións o incremento roldou os catro puntos.

Así mesmo, a estadía media incrementouse neste verán en Galicia un 3,2% en relación á cifra acadada no período estival do pasado ano.

Acumulado do ano

Nos primeiros oito meses deste ano 2016 Galicia rexistrou tamén unha importante mellora dos seus niveis de demanda turística, cun incremento do 7,1% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados –con preto de 3,5 millóns- e do 9,2% no que atinxe ás pernoitas –con preto de 7,3 millóns neste período-.

É o cuarto ano consecutivo no que a nosa comunidade rexistra un incremento da demanda turística no conxunto dos primeiros oito meses do ano, circunstancia que permitiu marcar neste ano un máximo histórico tanto de viaxeiros como de pernoitas.

Polo que respecta aos distintos mercados turísticos, o turismo nacional incrementou un 9,1% as súas pernoitas e un 7,5% os seus viaxeiros acadando –con máis de 2,5 millóns de viaxeiros e 5,7 millóns de pernoitas- as cifras máis elevadas dos últimos seis anos.

Pola súa parte, o turismo internacional incrementouse nun 9,4% motivado pola suba da súa cifra de viaxeiros do 6,2%. Estes incrementos sitúan os niveis deste mercado neste ano en máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados –con preto de 950.000- coma de pernoitas –con case 1,59 millóns no conxunto da comunidade-.

En relación as tipoloxías de aloxamento, rexistráronse neste período incrementos xeneralizados destacando o crecemento dos apartamentos turísticos que aumentaron as súas pernoitas nun 28,5%. Así mesmo, nos establecementos de turismo rural o crecemento foi do 17,0% mentres que nos cámpings do 15,9%.

En termos de ocupación, Galicia mellorou as súas cifras en todas as tipoloxías de aloxamento destacando neste sentido os cámpings cunha suba de catro puntos porcentuais e os hoteis e no segmento do turismo rural con melloras de dous puntos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →