Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Primeiro simulacro con drons no marco de proxecto Ariem 112

Por   /  30/10/2015 

    Imprimir       Email

A Xunta participa no primeiro simulacro con drons no marco de proxecto Ariem 112

  • O xerente da Axencia Galega de Emerxencias participou hoxe no exercicio consistente na busca de persoas desaparecidas
  • O simulacro tivo lugar na Serra de Meda, e enmarcase dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112, no que tamén colaboran Castela e León e Portugal
  • Na intervención despregáronse máis de 52 efectivos, 15 vehículos de emerxencias e o Posto de Mando Avanzado da Axega, que coordinou o operativo
Dron Axencia Galega de Emerdronxencias

Dron Axencia Galega de Emerdronxencias

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz participou hoxe no simulacro en materia de xestión de emerxencias transfronteirizas consistente na busca de persoas desaparecidas nun entorno de difícil no que se empregaron drons no marco do proxecto Ariem 112, no que tamén colaboran Castela e León e Portugal.

Juan José Muñoz destacou a importancia deste exercicio que forma parte do Proxecto ARIEM 112, de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias, e que ten por obxectivo mellorar a coordinación dos Centros de Atención á Emerxencias de Galicia, Castela e León e Portugal.

O simulacro partiu dun suposto feito no que un grupo de camiñantes están facendo unha ruta de sendeirismo a través da zona boscosa nas montañas de Meda no Concello Laza, e pérdense. A situación agravase polo feito de que as chamadas por teléfono móbil son infrutuosas, e tendo en conta o hostil da zona, a falta de luz e a participación de nenos na ruta, actívanse os protocolos e pactos de asistencia mutua vinculados  ao proxecto europeo de cooperación transfronteiriza ARIEM112 que solicita medios e recursos existentes no na zona Ariem.

DSC_9770

Juan José Muñoz (derecha)

Tendo en conta a difícil topografía da zona, faise necesario a intervención dos  sistemas aéreos non tripulados, os drons da Axencia Galega de Emerxencias co fin de colaborar na busca e poder mandar imaxes en tempo real ao Posto de Mando Avanzado, que á súa vez está en comunicación por videoconferencia co CAE 112 Galicia y co CDOS de Vila Real pola parte da rexión norte de  Portugal.

No simulacro de hoxe participaron a Garda Civil de Tráfico, GNR de Portugal, Protección Civil do concello de Laza, de Verín, e de Vilardevós, 061, INEM de Portugal, Grupo de cans de rescate de protección civil da Estrada, Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA cos drons, Bombeiros de Verín, de Chaves e de Boticas (Portugal). Todos coordinados dende o Posto de Mando Avanzado da Axega, en coordinación co centro operacional de Vila Real (Portugal) e o 112 de Castela-León.

DSC_9778

Juan José Muñoz (centro)

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →