Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Programa ‘Bibliotecas Escolares Solidarias’

Por   /  10/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Educación reforza os espazos de lectura nos centros de ensino a través do programa ‘Bibliotecas Escolares Solidarias’
  • A Consellería vén de convocar as accións que se desenvolverán para o curso 2016-17, e nas que o ano pasado participaron uns 1.600 rapaces e 93 centros escolares

 

bes_web_300_0A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar o programa “Bibliotecas Escolares Solidarias” para o curso 2016-17, que abrangue varias iniciativas de voluntariado culturaL relacionado con estes centros de lectura, tendo en conta, ademais, o seu papel como espazo de convivencia e de compensación de desigualdades. É dicir, a través de accións específicas, trátase de impulsar estes espazos de lectura como lugar de intercambio de información e de coñecemento para docentes, alumnos e familias.

Esta iniciativa impulsada polo departamento educativo da Xunta de Galicia e que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, está integrado no Plan Lía (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares nos centros públicos de infantil, primaria e secundaria.

Ao abeiro deste programa (cuxa convocatoria pode consultarse no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20386 ) desenvólvense tres accións concretas: o selo “Biblioteca Escolar Solidaria”, Voluntariado na biblioteca Escolar, e Voluntariado de lectura-A.

A través do selo “Biblioteca Escolar Solidaria”, recoñécese o labor das bibliotecas que traballan na compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os membros da comunidade escolar. No curso pasado, un total de seis centros recibiron este selo.

A acción “Voluntariado na biblioteca escolar” vai dirixida ao alumnado de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime especial. O seu obxectivo é recoñecer as horas que o alumnado colaborador exerce como voluntario na biblioteca escolar, para o cal se lle emite un correspondente diploma. Un total de 541 alumnos de 45 institutos de ESO recibiron certificado de horas de voluntariado na biblioteca escolar o curso pasado.

O “Voluntariado de lectura-A”, para alumnos de 5º e 6º curso de educación primaria, creouse coa finalidade de estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura. No pasado curso participaron nesta iniciativa 1.059 rapaces de 33 centros escolares.

En total, uns 1.600 rapaces recibiron diploma acreditativo das súas horas de voluntariado na bibliotecas escolar e 93 centros escolares de toda Galicia participaron no curso 2015-16 nalgunha destas tres accións enmarcadas no devandito programa.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →