Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Programa de prácticas en empresas de mozos de ata 25 anos cualificados

Por   /  22/09/2016 

    Imprimir       Email
  • O DOG publica o programa de prácticas en empresas de mozos de ata 25 anos cualificados para favorecer o seu acceso a un traballo
  • Está dirixido á mocidade cunha titulación universitaria, formación profesional de grado medio ou superior ou un certificado de profesionalidade
  • A Administración autonómica financiará estas bolsas cunha axuda mínima de 640 euros para prácticas de menos de 4 horas ao día e cun mínimo de 800 euros para as de máis de 4 horas
  • Os mozos e mozas que participen deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil
  • O prazo para presentar as solicitudes para as axudas rematará o 15 de novembro

 

logo_DOGA Xunta apoiará a realización de prácticas non laborais dirixidas aos mozos e mozas con cualificación (titulación universitaria, ciclo de grao medio ou superior ou certificado de profesionalidade) para facilitar o seu acceso posterior ao mercado laboral. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases desta iniciativa que forma parte das diferentes actuacións que está a levar a cabo a Administración autonómica a través do Sistema de Garantía Xuvenil e a Axenda 20 para o Emprego para impulsar o traballo entre os mozos e mozas galegos.

Os participantes, que deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e ter entre 18 e 25 anos, non deberán ter tido unha relación laboral ou outro tipo de experiencia laboral superior a tres meses na mesma actividade. As prácticas, coas que se prevé beneficiar a máis de 130 mozos, terán unha duración de entre seis e nove meses.

Os beneficiarios recibirán unha bolsa de apoio por parte das empresas que financiará a Administración autonómica. A contía da mesma dependerá das horas diarias. Apoiarase cun mínimo de 640 euros as prácticas non laborais de menos de 4 horas ao día e cun mínimo de 800 euros as de máis de 4 horas. O prazo para presentar as solicitudes para as axudas rematará o próximo 15 de novembro.

Esta actuación, á que se dedican preto de 800.000 euros, forma parte da Axenda 20 para o Emprego coa que o Goberno galego está a favorecer o emprego xuvenil impulsando o traballo estable e de calidade.

A través do Sistema de Garantía Xuvenil favorécese o acceso ao mundo laboral dos mozos e mozas a través de catro eixos principais: a mellora da intermediación, da empregabilidade, incentivos á contratación e o fomento do emprendemento.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →