Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas ata novo aviso

Por   /  30/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Ata novo aviso mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas
  • De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días non se concederán comunicacións nin autorizacións

img_2147-768x512As queimas de restos agrícolas e forestais seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións climatolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →