Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Promociónase o turismo de congresos de Galicia na Feira IMEX de Fráncfort

Por   /  17/05/2015 

    Imprimir       Email

congress-474319_640

 

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, promocionará o sector da organización de congresos, reunións de empresa na feira especializada IMEX, que se desenvolverá entre os días 19 e 22 de maio na cidade alemana de Fráncfort.

Esta é unha das feiras de congresos máis senlleiras do mundo no ámbito do turismo de reunións e Turismo de Galicia estará presente cun espazo de promoción.

Deste xeito, Turismo de Galicia presentará a información da oferta turística de Galicia, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

Dentro das actividades que Turismo de Galicia desenvolverá neste certame destacan as xuntanzas de traballo previstas cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións.

Por outra parte, está prevista a presentación da oferta turística galega, nun acto que se desenvolverá no propio recinto da feira, así como a asistencia ao actos de promoción organizados pola Oficina de Turismo de España en Fráncfort.

Así, Turismo de Galicia participará na presentación aos medios de comunicación alemáns da oferta española de turismo de congresos e no evento ‘A Noite de España’, punto de encontro de profesionais españois e alemáns para intercambiar opinións e coñecer as novidades do sector.

Turismo de reunións
O turismo de reunións en Galicia ten experimentado un notable desenvolvemento durante os últimos anos, debido, en parte, ao incremento e mellora da infraestruturas precisas para a organización de congresos, convencións e viaxes de incentivo.

O incremento das prazas hoteleiras, a creación de pazos de congresos, a apertura de instalacións especiais para celebrar eventos e a aparición de empresas especializadas, son os factores máis salientables dentro do desenvolvemento desta modalidade turística en Galicia.

Galicia conta con catro pazos de congresos nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo e outras moitas instalacións susceptibles de acoller que todo tipo de reunións no resto das cidades galegas.

Nestes lugares pódense atopar os principais reclamos turísticos galegos, como son a enogastronomía, o termalismo, a natureza ou o patrimonio artístico e cultural, entre outros. Estes atractivos, unidos ás infraestruturas hoteleiras e de servizos, converteron a Galicia nun destino ideal para a organización de reunións e eventos.

Mercado alemán
O mercado alemán é o segundo mercado internacional máis importante para a comunidade galega, ao representar o 12% do total dos turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia o pasado ano.

A cifra de alemáns aloxados nos establecementos turísticos galegos superou o pasado ano os 125 mil, incrementándose nun 14,5% a cifra do ano 2013.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →