Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Recursos do Plan de vialidade invernal 2016-2017

Por   /  23/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O Plan de vialidade invernal 2016-2017, activo entre o 1 de novembro e o 30 de abril, conta cun operativo de 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais para velar pola seguridade nas estradas autonómicas
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou onte o Centro de conservación e explotación de Ourense
  • Vázquez Mourelle salienta que este plan ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 km de vías autonómicas
  • No caso concreto da provincia de Ourense, o plan dispón de 3 centros e 3 subcentros de conservación e explotación; case 2.000 toneladas de fundentes; 50 máquinas e 102 profesionais
  • A conselleira concreta que ningún plan da Administración pode substituír a prudencia e a concienciación social, polo que é importante que os condutores extremen as precaucións ao volante e sigan as recomendacións da DXT
  • Reitera que “os chamamentos á prudencia son constantes sempre que se fala deste tema, pero hai que telos especialmente presentes en datas tan próximas ao día mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico”

image_gallery-1

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou onte un centro de conservación e explotación desta provincia, que está enmarcado no operativo do Plan de vialidade invernal no que o Goberno galego dispuxo 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais que velarán pola seguridade nas estradas autonómicas.

O Goberno galego, a través do Plan de vialidade invernal, ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

image_gallery-2

 

Vázquez Mourelle destacou que este plan está operativo desde o 1 de novembro ata o 30 de abril, contando cos medios materiais e humanos necesarios para facer fronte ás condicións meteorolóxicas adversas, reducindo riscos e mantendo nas mellores condicións posible as vías autonómicas.

No caso concreto da provincia de Ourense, para atender os 1.000 km de estradas autonómicas existentes, o Plan de vialidade invernal conta cun dispositivo de 3 centros e 3 subcentros de conservación e explotación; case 2.000 toneladas de fundentes; 50 máquinas (camións, retroescavadoras, esparexedoras de sal…) e un equipo humano formado por 102 profesionais.

Mapa recursos

Mapa recursos

 

Concienciación social

A conselleira subliñou que “ningún plan da Administración pode substituír a prudencia e a concienciación social, polo que lle pedimos aos condutores que extremen as precaucións ao volante e sigan as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico para evitar complicacións”.

A responsable de Infraestruturas reiterou que “esta é unha petición constante sempre que falamos deste tema, pero que queremos ter especialmente presente en datas tan próximas ao día mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico”.

image_gallery

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →