Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Sanidade destaca a importancia de bibliosaúde, con máis de 14.600 usuarios e máis de medio millón de descargas de artigos

Por   /  10/04/2015 

    Imprimir       Email

SERGASA sede da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), acolle hoxe pola mañá a IV Xornada Bibliosaúde de Publicación Científica. A inauguración estivo presidida pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen estivo acompañada pola secretaria xeral técnica do seu departamento, Josefina Monteagudo, e pola directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez.

A titular da carteira sanitaria do Goberno galego destacou a importancia da biblioteca virtual (Bibliosaúde) como unha das xoias da coroa do sistema sanitario público de Galicia, como reflicten os máis de 14.600 usuarios rexistrados e a descarga de máis de medio millón de artigos. Esta ferramenta permite garantir o acceso dos profesionais do sistema á documentación científica de calidade contrastada. Os profesionais valoran moito Bibliosaúde e son conscientes de que detrás da súa xestión hai moitísimo esforzo, -remarcou-.

A posibilidade de contar cun medio de difusión do coñecemento para avanzar na práctica sanitaria é fundamental. As revistas científicas son unha especie de rexistro de innovacións e os científicos publican para dar a coñecer uns determinados avances e, deste modo, os profesionais están ao tanto das últimas novidades no seu campo.

Sen dúbida, -subliñou-, a difusión de Internet supuxo a transformación total dos modelos tradicionais da comunicación científica e favoreceu a aparición de novos tipos de comunicación. Estes novos modelos están a incrementar a posibilidade de transferencia de dita comunicación, así como a colaboración na investigación e a diseminación de resultados.

Para rematar, a conselleira destacou o labor das publicacións científicas de ámbito autonómico.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →