Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Segunda edición do proxecto de innovación social dixital CeMIT-Innova

Por   /  06/06/2016 

    Imprimir       Email
  • A Amtega selecciona as 9 aulas da rede CeMIT que participan na segunda edición do proxecto de innovación social dixital CeMIT-Innova
  • Os centros de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense, Pontedeume e Santiago impulsarán iniciativas, baseadas nas TIC e en colaboración con axentes locais, para dar resposta a desafíos sociais da súa contorna
  • Os proxectos seleccionados céntranse no impulso do envellecemento activo, da empregabilidade, do comercio, da cultura ou do turismo locais e na integración social de determinados colectivos
  • CeMIT-Innova é unha das actuacións previstas no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020

 

AmtegaA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de seleccionar os 9 centros da rede CeMIT que participan na segunda edición do proxecto de Innovación Social Dixital, CeMIT-Innova, unha das iniciativas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

Os Concellos e aulas CeMIT de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense (A Molinera), Pontedeume e Santiago de Compostela, desenvolverán, ao longo do ano, diferentes iniciativas de base tecnolóxica e, en colaboración con axentes locais, para dar resposta a retos e necesidades da súa contorna máis próxima.

Proxectos seleccionados
As iniciativas seleccionadas buscan dar resposta á necesidades ou demandas da súa contorna máis próxima como fomentar o envellecemento activo, impulsar a empregabilidade, o comercio, a cultura ou o turismo locais ou fomentar a integración social de determinados colectivos.

A aula CeMIT de Ares, co seu proxecto Ares GNU, busca mellorar o acceso e os coñecementos tecnolóxicos dos veciños do concello, a través da difusión, utilización e desenvolvemento do software libre en diversas actividades como un ciber encontro, o mapeado da cidade ou o desenvolvementodunha aplicación móbil de servizos da aula.

O Concello de Pontedeume desenvolverá na súa aula CeMIT o proxecto That´s Pontedeume. Come Here!! para favorecer o envellecemento activo e o coñecemento da lingua inglesa, a través de unidades didácticas culturais sobre o patrimonio e a historia local. Todo iso utilizando Internet como medio de aprendizaxe.

En Oroso a aula CeMIT porá en marcha a Plataforma de e-commerce local, co obxectivo de crear un directorio de negocios, empresas e profesionais, cun comparador de produtos de consumo ou servizos locais, para promover economicamente o tecido empresarial con esta plataforma web que unirá oferta e demanda.

Santiago de Compostela traballará tamén desde a súa Aula CeMIT a promoción da empregabilidade a través da intermediación, selección e adecuación profesional, co seu proxecto Anel de coñecemento, unha plataforma online de contidos e servizos dixitais para o emprego.

A aula CeMIT de Mos, a través do proxecto InnovaTIC Mos, proponse favorecer o acceso ao emprego a través de diversos servizos dixitais, así como favorecer a visibilización das entidades asociativas, mediante a súa participación en redes sociais.

Cuntis traballará a través das TIC para favorecer a igualdade de oportunidades de persoas con necesidades especiais, dirixido á intervención socioeducativa co alumnado coas devanditas necesidades por motivos de discapacidade.

Desde Ourense para o mundo é o nome da rede de networking e inclusión laboral, que se vai desenvolver desde a aula CeMIT de Ourense (La Molinera) para a procura de oportunidades entre mozas con talento que se marchan ao estranxeiro e os emigrantes descendentes de españois que están noutros países e queiran volver.

A aula CeMIT de Celanova proponse mellorar a accesibilidade da cidadanía á información e aos servizos municipais, a través duna aplicación de dinamización cultural, empresarial e social APP Local.

O proxecto da Aula CeMIT da Bola, Teatro Dixital histórico-cultural, busca a promoción turística do concello a través da creación dunha canle de vídeo na internet, dirixido a difundir as súas actividades culturais.

Innovación Social Dixital
A Innovación Social Dixital emprega a tecnoloxía para resolver retos locais ligados á educación á saúde, ao emprego e, en definitiva, ao benestar dá cidadanía. Son solucións e proxectos sociais, que teñen as TIC de base e que son deseñados polos seus protagonistas: cidadáns e axentes locais que detectan as necesidades máis inmediatas dá súa contorna e formulan posibles solucións.

É unha dás tres liñas estratéxicas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia xunto coa alfabetización e a capacitación dixitais. Ou Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, presentado ou pasado 18 de maio ante vos máis de 700 aliados cos que conta, busca acadar unha sociedade plenamente dixital formada e capacitada non uso dás tecnoloxías, capaz de explotar e aproveitar todo ou potencial dás TIC a nivel persoal, profesional e relacional.

Para conseguilo, ofrece á sociedade galega un servizo integral de dixitalización que abrangue desde as accións para a alfabetización dixital ata aquelas que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital non que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso dás TIC.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →