Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Setembro histórico: preto de 520.000 viaxeiros e máis de 960.000 pernoitas

Por   /  25/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Galicia acada novas cifras históricas en setembro con preto de 520.000 viaxeiros e máis de 960.000 pernoitas
  • A nosa comunidade superou nun 6,7% a cifra de viaxeiros e nun 7,0% o dato de pernoitas rexistrados en setembro do 2015
  • O turismo internacional marcou no pasado mes cifras históricas tanto de viaxeiros, con preto de 190.000, como de pernoitas, con 290.000
  • Galicia incrementou tamén en setembro a ocupación hoteleira que ascendeu en 2,7 puntos porcentuais, acadando a porcentaxe máis elevada dende 2010

 

Gráfico

Gráfico

 

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados onte, Galicia rexistrou no pasado mes de setembro a un notable incremento na cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros. Con 518.559 viaxeiros e 960.260 superou nun 6,7% e 7,0%, respectivamente, as cifras do pasado ano.

A nosa comunidade acadou así o pasado mes máximos históricos tanto no que atinxe ao volume de viaxeiros aloxados como ás pernoitas.

En termos de mercados destaca o comportamento do turismo internacional que marcou no pasado mes máximos históricos tanto de viaxeiros con preto de 190.000 como de pernoitas con 290.000 ao rexistrar incrementos do 9,2% e 6,8% respectivamente.

Continúa tamén a senda de crecemento o turismo interno que presentou un incremento do 3,2% no que respecta ás pernoitas e dun 1,6% no referido aos viaxeiros, acadando a cifra das 188.000 noites, o dato máis elevado dos últimos seis anos.

Pola súa parte, o turismo receptor nacional superou o pasado mes de agosto nun 8,7% o nivel de pernoitas e nun 7,2% a cifra de viaxeiros acadando con máis de 485.000 pernoitas a cifra máis elevada dende o último Xacobeo 2010.

A ocupación hoteleira tamén mellorou na nosa comunidade no pasado mes en 2,7 puntos porcentuais, concretamente, ata situándose a ocupación media na cifra máis elevada dende 2010.

Así mesmo, os establecementos hoteleiros de Galicia melloraron unha vez máis os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes do 2015 subindo o RevPAR un 8,4%.

3º Trimestre do 2016

A nosa comunidade superou no terceiro trimestre do ano nun 5,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 8,0% o nivel de pernoitas do terceiro trimestre de 2015, acadando niveis que supoñen máximos históricos en Galicia –con máis de 1,8 millóns de viaxeiros e 3,7 millóns de pernoitas-.

Galicia rexistrou un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos de mercado neste período. O turismo interno incrementou nun 8,8% os seus viaxeiros aloxados e nun 12,0% as súas pernoitas acadando, con máis de 730 mil un máximo histórico para a nosa comunidade.

Pola súa parte, o mercado receptor nacional incrementou un 85,1% a súa cifra de viaxeiros aloxados e un 8,1% as súas pernoitas, circunstancia que leva a que este segmento rexistre máximo histórico de viaxeiros aloxados –con máis de 900.000 nestes tres meses-.

En canto ao turismo internacional superou tamén as cifras do pasado ano e rexistra máximos históricos tanto de viaxeiros, con 520.000, como de pernoitas, con máis de 830.000.

O nivel de ocupación nos hoteis e pensións de Galicia subiu tamén neste terceiro trimestre, en 3,7 puntos porcentuais, rexistrando a porcentaxe máis elevada dos últimos doce anos.

Acumulado do ano

No primeiros nove meses do ano Galicia rexistrou máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros como de pernoitas. Con 3.518.846 viaxeiros e 6.725.981 pernoitas, a nosa comunidade superou nun 5,6% e 6,9%, respectivamente, as cifras do mesmo período do pasado ano.

A mellora dos niveis de demanda viu como consecuencia do bo comportamento rexistrado polos tres grandes segmentos de mercado.

O turismo interno incrementouse nun 6,3% no tocante ás pernoitas e nun 7,5% no que se refire aos viaxeiros, acadando, con 1,6 millóns de pernoitas a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Pola súa parte, o turismo receptor nacional incrementou nun 8,0% as súas pernoitas e un 5,4% os seus viaxeiros, acadando o nivel de pernoitas máis elevado dende o último Xacobeo 2010.

Por outra parte, o turismo internacional creceu nun 5,2% no que se refire ás pernoitas e nun 4,6% no referido aos viaxeiros aloxados. O notable incremento do turismo internacional supuxo que novamente este mercado acadase un máximo histórico tanto de viaxeiros aloxados con máis dun millón e de pernoitas con preto de 1,6 millóns.

Como consecuencia da mellora das pernoitas, os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao mesmo período do pasado ano en máis de 2,3 puntos porcentuais acadando a cifra máis elevada dos últimos nove anos.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →