Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Sogama saca a concurso público a ampliación do seu complexo medioambiental de Cerceda por un importe 400 millóns de euros

Por   /  14/08/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13iarA Xunta de Galicia, a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente, licitou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG1946-070815-0001_gl.html) por un importe de 400 millóns de euros (IVE incluído) a ampliación do seu complexo industrial, sito en Cerceda (A Coruña), e onde se procesa a maior parte do lixo doméstico xerado en Galicia.

A licitación contempla a construción dunha nova planta para a recuperación dos envases (de papel/cartón e plástico) contidos no lixo en masa, prevendo que entre en funcionamento no ano 2017, así como a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

O contrato, establecido para un período de 15 anos, inclúe igualmente a operación, mantemento e limpeza de ambas as dúas instalacións.

Esta actuación permitirá incrementar a capacidade de tratamento do complexo cercedense, pasando das 550.000 toneladas/ano actuais ás 750.000 (un 36,36 por cento máis), o que fará posible diminuír o vertido nun 30 por cento. O obxectivo último é que unicamente se depositen no vertedoiro de Areosa os refugallos que non poden ser previamente reciclados nin valorizados, tanto material como enerxeticamente.

Polo tanto, á actual clasificación do aceiro, aluminio e vidro contidos no residuo xenérico, unirase a dos envases de papel/cartón e plástico depositados erróneamente polos cidadáns nesta fracción, permitindo incrementar os niveis de reciclado.

Esta iniciativa enmárcase dentro do plan autonómico de xestión de residuos urbanos 2010-2020, que á súa vez segue as directrices comunitarias na materia, que en todo caso promulgan a necesidade de levar a cabo unha xestión xerarquizada dos residuos que comece coa prevención e a redución, seguindo coa reutilización, a reciclaxe e a valorización (material e enerxética), e concluíndo co vertedoiro, que debe relegarse a último lugar por ser considerado a opción menos desexable desde a dimensión ambiental.

Garantías e presentación de ofertas
O prego de condicións contempla unha serie de garantías técnicas vinculadas, entre outras cuestións, aos prazos de execución das obras, produción anual, limpeza, recuperación de materiais e calidade dos mesmos, aplicando as correspondentes penalizacións no caso de que os traballos non se axusten aos requisitos esixidos.

Co obxectivo de facilitar que as empresas que presenten a súa candidatura poidan elaborar unha oferta máis axustada á realidade, daráselles a oportunidade de visitar as instalacións.

O prazo para a presentación de propostas, xunto coa documentación preceptiva, conclúe ás 13:00 horas do próximo 9 de outubro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →